Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
CADERNO PARA SUPERAR AS FESTAS DO CONSUMISMO

POR UN NADAL MÁIS VERDE:

Dende hai anos, ADEGA vén desenvolvendo campañas relacionadas con diversos aspectos do Nadal: “Neste Nadal... os meus agasallos sen pilas” ou a “Carta das raíñas magas” foron algunhas das iniciativas que invitaban a reflexionar sobre a importancia da contención no consumo no Nadal. Con este caderno queremos achegar aos Fogares Verdes unha lectura reflexiva nestas datas nas que o consumismo parece convertirse na motivación principal das celebracións. Xuntanzas para celebrar unhas festas nas que os curtos días convidan a longas ceas e xantares, nas que se intercambiar agasallos e onde a solidariedade e a paz parecen estar presentes. Porén, as cegadoras luces destas celebracións (que ben poderían chamarse as festas do consumismo) impidennos ver o seu alto custo ambiental, económico e social. Baixa o caderno nadal verde.pdf NADAL VERDE (2.8 MB)

ADEGA - 19:21 11/12/2009
Tags:

Nestas datas aumenta o consumo de enerxía, produción de resíduos, etc. ao mesmo ritmo que sube o nivel de estrés e ansiedade. Unha cousa é planificar e adiantar a compra para non caer no consumismo e as presas de última hora, especialmente na época máis cara do ano, e outra ben distinta é que o nadal comece uns días despois da volta ao cole. Dende ADEGA solicitamos ás administracións, grandes superficies e cidadáns responsabilidade e consciencia, xa que o consumismo ten consecuencias ambientais, sociais e económicas. A polución derivada do consumismo (residuos, pilas...), o gasto enerxético desmesurado dos concellos (algunas cidades xa están poñendo o alumeado de nadal) ou dende o plano social, a esquilma de recursos naturais doutros países, xa que detrás de moitos dos produtos que mercamos e levamos ás nosas casas hai agochadas persoas que están pagando un alto prezo para que nos os disfrutemos, son algunhas das consecuencias do hiperconsumismo desaforado e irresponsábel. 

O presente caderno recolle algúns aspectos das nosas campañas de concienciación cidadá e actualiza e incorpora novas temáticas e propostas. Trátase dun formato similar ao entregado aos Fogares Verdes no comezo do programa, daquela con información e consellos xerais de auga e enerxía.

Desta volta o Nadal é o eixe e o fío condutor de ideas acompañadas de consellos para tentar que a pegada ecolóxica navideña sexa menor. A intención é que estas ideas se fagan extensíbeis ao resto do ano. Podemos aproveitar os días de lecer para continuar tomando conciencia do noso papel na sociedade e das posibilidades de cambio e mellora do medio que nos rodea.

O caderno trata cuestións como a publicidade, os agasallos, os resíduos, a alimentación, a roupa ou os transportes. Presenta pois unha maneira un chisco diferente, máis consciente e eficiente de vivir estas festas. Asemade presenta iniciativas culturais como a de recuperar a figura galega do Apalpador ou recomenda lecturas interesantes para estas días.

A publicación traduciuse xa ao castelán para difundilo entre a rede estatal de "Hogares Verdes", chegando pois a fogares de Segovia, Madrid, Catalunya ou Zaragoza.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: