Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Esther Vivas, experta en consumo responsábel

"Por cada posto de traballo que crea un supermercado, destrúese un e medio"

O concepto de agroecoloxía implica apostar por unha agricultura respectuosa co territorio, co campesiñado familiar e co medio ambiente.

Canal Solidario - 12:35 18/07/2010
Tags:
Flickr: noodlepie

Flickr: noodlepie

Esther Vivas (Sabadell, 1975) é activista e autora de varios libros e publicacións sobre movementos sociais e consumo responsábel. Participou activamente no movemento antiglobalización e antiguerra en Barcelona, así como en diferentes edicións do Foro Social Mundial, o Foro Social Europeo e o Foro Social Catalán. Actualmente estuda temas de soberanía alimentaria e comercio xusto.

No Canal Solidario poden ler unha entrevista con ela sobre temas relacionados coa crise e coa soberanía alimentaria:

"A soberanía alimentaria exponse como unha alternativa á crise alimentaria actual. Hoxe aínda que se producen máis alimentos que nunca na historia unha de cada seis persoas no mundo pasa fame. Como se explica? Pois porqué se non tes diñeiro para pagar o prezo destes alimentos non comes. As políticas neoliberais que se viñeron aplicando nos últimos trinta anos (débeda externa, liberalización comercial sen concesións, privatización dos servizos públicos, etc.) condenaron os países do Sur a unha espiral de dominación e de pobreza. No noso país levouse a cabo unha crecente privatización dos servizos públicos, especulación co territorio, deslocalización empresarial e desaparición do campesiñado local e familiar. Hoxe pouco máis do 2% da poboación activa en Cataluña é campesiña e a súa renda diminúe ano tras ano, situándose nun 55% da renda xeral.

É neste contexto onde se expón recuperar a nosa soberanía alimentaria: o dereito a decidir de onde vén e como se produciu o que comemos, a controlar as políticas de produción agrícola, a comer alimentos libre de transxénicos, cultivados localmente, dando apoio a unha agricultura de proximidade que teña acceso á terra, ao auga, ás sementes".

Recomendámoslles ampliar sobre este e outros temas no Canal Solidario.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: