Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Desprendementos nas estradas ruíns

"Se hai unha urxencia, nin a ambulancia pode pasar"

Orlando Álvarez, voceiro de SOS-Courel alerta das carencias das vías de comunicación na bisbarra e dos perigos para os condutores.

F. Arrizado - 17:05 03/12/2009
Nova catástrofe no Courel

Nova catástrofe no Courel

"Dúas estradas rivalizan en xigantescos desprendementos, roturas e escorregamentos do firme ladeira abaixo, noiros totalmente verticais desproporcionados e ciclópeos". SOS-Courel denunciaba deste xeito, nunha nota enviada aos medios esta quinta feira, as condicións de dúas das principais vías de comunicación da bisbarra: a estrada Seoane-Hospital do Cebreiro e a de Folgoso-Quiroga.

Orlando Álvarez, portavoz da asociación, confirma que a Deputación de Lugo está a negociar coa Xunta o traspaso da primeira -en obras de ampliación para conectar coa A-6 desde 2003 e que a día de hoxe non chegaron a metade dos seus 12 quilómetros. Unha estrada que aínda que é a que máis tránsito soporta da zona, estivo pechada case un ano.

O resultado das supostas melloras está en cuestión. Segundo denuncian desde SOS-Courel non se respectou o trazado das curvas que figura no proxecto. É dicir, o construído non se corresponde co que figura no plano, denuncia o Orlando Álvarez, que asegura que hai numerosas pendentes e "curvas de trazado moi estraño e moi perigoso". Ademais, careza de informe de impacto ambiental.

Perigosidade e incomunicación
Os desprendementos, ao igual que na estrada LU-651, Folgoso-Quiroga, de 21 quilómetros son habituais, co consecuente perigo para os condutores. A ponte sobre o río Vilela xa cedeu, e agora que chega o inverno, asegura o voceiro de SOS-Courel, "se hai unha urxencia, nin a ambulancia pode pasar".

En ambas as dúas hai unha "ausencia total de restauración e de seguridade das marxes aínda que discorren pola Rede Natura e foron financiadas con Fondos europeos". En definitiva, cómpre que a Xunta e a Deputación solucionasen os problemas e "tomasen medidas drásticas contra os responsábeis desta nova catástrofe no Courel".


3.86/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Dúas imaxe da estrada de Seoane-Pedrafita / Fotos: pedrafitacourel.blogspot.com (clique para ampliar)
Dúas imaxe da estrada de Seoane-Pedrafita / Fotos: pedrafitacourel.blogspot.com (clique para ampliar)
Dúas imaxe da estrada de Folgoso-Quiroga / Fotos: quirogacourel.blogspot.com (clique para ampliar)
Dúas imaxe da estrada de Folgoso-Quiroga / Fotos: quirogacourel.blogspot.com (clique para ampliar)