Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
regulación necesaria tamén en Pontevedra.

Ordenanza Municipal proteccionista de telefonía móbil

Dende a APDR congratulámonos pola negativa do Concello de Pontevedra a legalizar unha antena base de Vodafone na rúa Dr. Loureiro Crespo nº 54 (rúa que xunto coa de Joaquín Costa conta con zonas sensíbeis como a Residencia Xeríatrica, o Hospital Provincial e centros de ensino, afectados todos eles pola electrocontaminación de diversas antenas base de telefonía móbil), lembrando que o Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) "non permite o aproveitamento de edificios para unha finalidade - industrial- coa que non teñen relación" e que é necesaria algunha regulación.

Asociación pola Defensa da Ría (APDR) - 17:27 05/11/2009
Tags:

  Dende a APDR congratulámonos tamén polo posicionamento público da primeira Tenente de Alcalde do concello de Pontevedra, Teresa Casal, sobre a necesidade de elaborar unha ordenanza específica que regule o despregamento (caótico e ilegal) das instalación de antenas base de telefonía móbil en Pontevedra.

As derradeiras declaracións sobre este tema nas Resolucións  do Parlamento Europeo e da Axencia Europea de Medio Ambiente, lémbranos que ás emisións electromagnéticas "poden producir efectos adversos para a saúde humana", chamando a reducir (por debaixo de 0,1 µW/cm2 segundo o informe científico "Bioinitative  Report") os limites de exposición actuais na lexislación estatal española por ser "obsoletos para protexer a saúde da poboación" (especialmente dos grupos máis vulnerábeis), e mentres iso non sexa posíbel chaman ás distintas administracións (incluídas as locais) a minimizar xa o seu impacto contaminante contando coa implicación dos axentes implicados, incluíndo a participación destes nun proceso dialogado na implantación de antenas para garantir ao menos unha protección dos grupos máis vulnerábeis.

Dende a APDR apostamos por un proceso participativo
(con representantes de colectivos de afectados, veciñais, de nais e pais e ecoloxistas) para elaborar unha ordenanza baseada no principio de cautela, que partindo da potestade inspectora e reguladora do Concello de Pontevedra, recolla, dende o seu ámbito de competencias, ditos consellos proteccionistas.

Na liña da proposta de ordenanza que presentamos ao Concello de Vilaboa, entendemos os seguintes puntos como craves para restrinxir a exposición da poboación esta contaminación:

  • Compatibilizar a saúde e a protección medio ambiental coa calidade e a cobertura da comunicación.
  • Contar con que a especial protección dos grupos sensíbeis (bebés, mocidade, embarazadas, enfermos, anciáns, electrosensíbeis), debe estar presente tanto no ámbito residencial como nos espazos considerados como tales (de ensino, sanitarios, de maiores, espazos de lecer, ...)
  • Control dos niveis de exposición á contaminación electromagnética en tempo real con acceso público por internet.
  • Participación cidadán en todo o proceso de implantación nunha Comisión de Telecomunicacións.
Aplicación da avaliación de incidencia ambiental: como actividade "perigosa" en base a aplicación da lei de protección ambiental de Galicia tal e como lembra o Valedor do Pobo.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: