Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
INFORME TELEFÓNICA

A cidadanía galega destaca no uso da e-administración

A pesar da menor implantación da internet, supera a media do Estado español na relación dixital coa Xunta e co goberno español.

Redacción - 09:15 29/10/2009

A Fundación Telefónica presentou este mércores en Compostela o seu Informe da Sociedade da Información no Estado Español 2008. Segundo estes datos, a cidadanía galega supera a media estatal no uso da internet nas súas relacións coa Administración do país.

Así, o informe desvela que o 37,1% da cidadanía procura información nas webs dependentes da Xunta, fronte ao 30,1% que fai o mesmo no Estado Español, e un 8,8% enche e envía formularios, fronte ao 7,6% da media estatal. Nas relacións co goberno español, a porcentaxe baixa até o 29,2%, aínda superior á media do 27,3%.

O informe reflicte que as TIC penetran cada vez máis na sociedade, tanto entre empresas como entre particulares. O 58,5% dos fogares xa dispoñen de computador da casa, un 9% máis ca en 2008. Deles, o 38,3% goza dunha conexión de banda larga. O 85% da cidadanía que se conectou a internet nos últimos meses fíxoo para comunicarse por correo electrónico, mentres que o 77,1% usou a rede para buscar información e un 65,6% para ler novas. Isto indica, para os autores do estudo, que a cidadanía do país está a homologar os seus hábitos en liña aos das sociedades máis avanzadas.

O estudo tamén fai referencia aos datos do Observatorio Galego da Sociedade da Información, que salientan que o 92,9% das empresas de máis de 10 persoas empregadas dispón de acceso á rede, por riba da media do Estado Español (do 89%). Máis da metade, o 51,2%, dispón de páxina web, algo menos do 58,9% estatal.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: