Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
"a él no lo insultaron y que no estaba presente"

Os ecoloxistas xulgados por presuntas coaccións aos traballadores da canceira de O Carballiño quedan absoltos

O 19 de outubro Amigos da Terra, Adega e Matar por matar, non! foron citados a declarar ao xulgado de O Carballiño por presuntas coaccións aos traballadores da canceira municipal

Amigos da Terra - 14:01 27/10/2009
Tags:

O marzo pasado, membros destes tres grupos ecoloxistas visitaron a canceira coñecida como "A Medela". Unha vez accederon de forma pacífica ao recinto e obtendo o consentimento de quen se atopaba alí traballando de ver as gaiolas dos cans, puideron recoller probas da existencia dunha fosa soterrada e chea de cadáveres de cans. Unha vez postos en coñecemento os feitos presenciados ao SEPRONA da Garda Civil de O Carballiño, membros deste Corpo se personaron para verificar ditos feitos. Días despois, interpuxeron catro denuncias por irregularidades administrativas e unha denuncia ante o xulgado de O Carballiño por indicios de delito ambiental tipificado no Código Penal.

Amigos da Terra pola súa parte, personouse na causa e na actualidade fai un seguemento da mesma á espera de que a xuíza de Instrucción estime a existencia dos feitos, dos que se aportaron numerosas probas, e dea apertura ao xuízo oral co que o expediente instruído elevaríase ao xulgado do Penal de Ourense.

Namentres, o Colexio de Avogados de Ourense concedeu avogado de oficio á asociación para que realice todos aqueles trámites en via xudicial que doutra forma deberan ser abonados co que non se podería facer fronte aos mesmos.
A sentenza declara a libre absolución dos ecoloxistas e recolle a renuncia do denunciante a condenar aos denunciados xa que, para empezar, "a él no lo insultaron y que no estaba presente" o día dos presuntos feitos.

O recoñecemento xudicial da falta de coaccións por parte de Amigos da Terra, Adega e Matar por matar, non!, corrobora as declaracións dos ecoloxistas que sempre manifestaron a inexistencia dalgún tipo de altercado cos traballadores da canceira e declararon que "a denuncia pola fosa cos cans mortos responde a unha obriga non só moral senón tamén laboral, xa que o noso traballo e a protección do medio ambiente como ben xurídico colectivo e do que non obtemos beneficio persoal algún".


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: