Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
En defensa da Comedia Bífida

"Os prexuízos lingüísticos fan ridículo e patético a quen os mantén"

A plataforma Prolingua sae en defensa da obra de Manuel Núñez Singala, ante a polémica que un colectivo tratou de xerar sobre a súa posta en escena no programa Bocaaberta.

Redacción - 10:00 15/10/2009

"A Comedia bífida, creación literaria baseada en comportamentos reais, contén unha reflexión sobre o uso que a sociedade galega fai da súa lingua", expoñen desde a plataforma Prolingua nun comunicado feito público esta semana, "a disección que realiza da diglosia leva á conclusión de que os prexuízos lingüísticos fan ridículo e patético a quen os mantén". "Que un comportamento diglósico e prexuizoso mova ao riso, e máis se está esquematizado sobre o escenario, non lle debe estrañar a ninguén", analizan.

A reflexión de Prolingua sae ao paso das críticas que un colectivo contrario á normalización lingüística difundiu nas últimas semanas contra a Comedia Bífida, obra de Manuel Núñez Singala. "Intentar eliminar as opinións desfavorables que os demais teñen de nós facéndoas calar reflicte unha ideoloxía que, independentemente do nome que se lle dea, nega cada unha das acepcións da palabra liberdade", repróchanlles desde Prolingua. Ao fío animan as editoriais a seguiren botando man de materiais coma o de Núñez Singala para a promoción da lingua e aos poderes públicos a que apoien programas de promoción da lingua que "buscan a superación dos prexuízos e actitudes negativas, imprescindible para a reversión da perda de falantes".

Poden ampliar na bitácora de Prolingua: Resposta aos ataques ao programa Bocaaberta.


4.67/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: