Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XORNADA LIMPEZA RÍAS GALEGAS

Obxectivo: retirar o lixo da ría de Ferrol

Profesionais e voluntarios participarán a vindeira fin de semana nunha xornada de traballo para frear o deterioro dos fondos mariños da dársena ferrolá.

Redacción - 09:30 11/10/2009
En anos anteriores, limparon nos portos de Ribeira, Camariñas e A Coruña

En anos anteriores, limparon nos portos de Ribeira, Camariñas e A Coruña

Neumáticos, cabos, latas, botellas de cristal... e obxectos moito máis insólitos é que acostuman a atopar os voluntarios que, cada ano, traballan na limpeza do fondo mariño das nosas rías. Desta volta, a convocatoria está fixada para o vindeiro sábado 17 de outubro no porto de Ferrol. A Asociación de Armadores de Artes de pesca Menores de Galiza (Asoar-Armega), coa colaboración do Centro Nacional do Medio Ambiente (Cenma), chaman a participar a todos os interesados en contribuír á retirada de lixo da dársena do peirao ferrolán.

Traballo no mar e en terra
A participación nesta actividade ten dous vieiros. O primeiro é o de colaborar como mergullador, participando na inmersión colectiva para localizar lixo afundido e subilo até a superficie. Neste caso é imprescindíbel contar coa correspondente titulación de mergullo e levar equipo completo e seguro de mergullo. A continuación, a flota de barcos de apoio, formada por embarcacións de pesca e da administración, entran na zona de limpeza, localizan as boias que sinalan a posición dos refugallos e lévanos para o porto.

A outra vía de colaboración é a do persoal de apoio en terra, axudando nas tarefas da retirada do lixo, na súa separación e na reciclaxe. Asemade, realízanse habitualmente tarefas de recuperación dos diferentes organismos atopados entre o lixo, manténdoos temporalmente nuns acuarios para a divulgación e, posteriormente, devólvense ao mar.


Ligazóns

4.64/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Os mergulladores localizan o lixo afundido e súbeno até a superficie
Os mergulladores localizan o lixo afundido e súbeno até a superficie
Durante unha xornada, os voluntarios localizan milleiros de quilos de refugallos
Durante unha xornada, os voluntarios localizan milleiros de quilos de refugallos
En terra, máis voluntarios colaboran na retirada, separación e reciclaxe do lixo
En terra, máis voluntarios colaboran na retirada, separación e reciclaxe do lixo