Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PINGA A PINGA

Os mozos e as mulleres liscan do rural

A taxa de avellentamento supera xa a cuarta parte da poboación de Lugo e Ourense. A meirande parte dos maiores viven no rural onde, con todo, permanecen máis homes que mulleres.

Redacción - 12:00 09/10/2009

Que Galiza conta cunha alta porcentaxe de poboación maior xa non sorprende a ninguén. Mais, agora, un informe publicado pola Fundación La Caixa confirma dunha banda que seguimos a perder habitantes e que o avellentamento vai en aumento. A taxa de maiores sitúase no 22,8%, é dicir, de cada 100 galegos 22 superan os 70 anos. Esta cifra sitúase ademais seis puntos por enriba da media estatal (6,4%).

O rural, para os homes
O estudo revela ademais unha crecente masculinización das zonas rurais, o que se suma a unha falta de relevo xeracional nestes espazos. O éxodo feminino do rural é xa unha realidade e, segundo o propio informe, ameaza a estrutura demográfica galega: no campo de cada 100 homes quedan 92,5 mulleres.

Unha das principais causas sería o crecente éxodo das mulleres aos núcleos urbanos, onde deciden formarse e buscar outro futuro. Segundo a análise de La Caixa, a emigración feminina vese alentada polas oportunidades educativas e laborais en comparanza co entorno rural, onde quedarían "reducidas a un papel subsidiario e invisíbel nas economías rurais de base familiar e mercados locais". Pola contra, os homes resisten no campo e, en termos xerais, segue atopando sustento nas áreas menos poboadas.

Por provincias
A maior porcentaxe de habitantes maiores de 70 anos nos concellos galegos de menos de 10 mil habitantes concéntranse en Ourense, cun 28,3%. Séguelle Lugo, cun 26,3%; A Coruña, 19,9%; e Pontevedra, 18,8%.

O éxodo de mulleres cara a zonas urbanas é máis perceptíbel precisamente nas provincias interiores: Ourense, con 88 mulleres por cada 100 homes e Lugo, onde a porcentaxe é de 90 sobre 100. A maiores, o relevo xeracional é menos palpábel en Lugo e Ourense, ao tempo que medran as diferenzas poboacionais entre a franxa costeira e o interior.


Ligazóns

3.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: