Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTE SÁBADO

O PSdeG celebrará un “pic-nic” en Monterroso para darlle visibilidade á homosexualidade no rural

A deputada socialista Laura Seara estendeu o convite ao xantar popular aos conselleiros e conselleiras do Goberno para que se impliquen na loita pola igualdade.

Redacción - 19:15 24/09/2009

Como reivindicar a liberdade de orientación sexual no rural? Os socialistas veñen de anunciar un xeito diferente: “un pic-nic”, tal e como o definiu a propia Laura Seara, no municipio de Monterroso (A Ulloa). O “Xantar Popular pola Visibilidade LGTB no Rural” está convocado para este sábado ás 13.30 horas e a convocatoria é aberta.

A deputada socialista estendeu o convite publicamente aos membros do executivo de Feijoo a levar a súa comida e unirse á xornada reivindicativa e pediulles que traballen activamente pola fin da discriminación por razón de orientación sexual. Ademais da propia Seara, xa anunciaron a súa asistencia o coordenador do grupo socialista de LGTB, Fito Ferreiro; e o alcalde de Monterroso, Antonio Gato.

Dende o PSdeG sosteñen que este paso adiante quere ser pioneiro na reivindicación na zona rural xa que é onde a visbilidade do mundo homosexual é menor. De feito escolleuse Monterroso xa que “foi un dos lugares no que recibimos chamadas de persoas que estaban sufrindo as consecuencias da incomprensión da sociedade pola súa orientación sexual”.


4,9/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: