Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTRA A EXPLOTACIÓN SEXUAL

A crúa realidade das "mulleres de vida alegre"

Santiago acolle unha exposición que denuncia a situación de violencia e escravitude á que se ven expostas as mulleres prostituídas.

Redacción - 11:22 21/09/2009
Cada ano, preto de catro millóns de mulleres e nenas son incorporadas á prostitución

Cada ano, preto de catro millóns de mulleres e nenas son incorporadas á prostitución

Nin doada nin alegre é a vida das mulleres que exercen a prostitución. Sobre estas mulleres, ás que a sociedade lle atribuíu paragóxica e cruelmente unha "vida alegre" versa unha mostra que a partir desta semana se pode visitar en Santiago de Compostela e que foi cedida á Secretaría Xeral de Igualdade por Médicos do Mundo.

Mulleres como María José, nacida en Cartaxena de Indias (Colombia), licenciada en Dereito e Educación Física; como Andrea, checa diplomada en Turismo pola Universidade de Praga; como Puri, unha ourensá empresaria da hostalería; ou como Hellen, que cala, por medo, os seus antecedentes persoais. Elas son o exemplo dos catro millóns de mulleres e nenas que, cada ano, son incorporadas á prostitución no mundo.

Mais os datos sobre os que alerta, visualmente, Médicos do Mundo non rematan aquí. Este colectivo chama a atención sobre a situación de explotación sexual na que viven estas mulleres, unhas 400 mil no Estado Español, no que este "negocio" move 18 mil millóns de euros anuais. Ademais, un 90% son mulleres inmigrantes, fundamentalmente de América Latina, Europa Oriental e África. A outra cara desta forma de escravitude encárnana os homes, os clientes: case un de cada tres enquisados recoñece ter pagado algunha mez por manter relacións sexuais.

"Mulleres de vida alegre" pode visitarse até o vindeiro 30 de setembro no centro comercial Área Central, en Santiago de Compostela.


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



María José é licenciada en Dereito e Educación en Colombia. Agora exerce de prostituta / Salvador Campillo; Médicos do Mundo
María José é licenciada en Dereito e Educación en Colombia. Agora exerce de prostituta / Salvador Campillo; Médicos do Mundo
Andrea, checa e diplomada en Turismo, tamén exerce a prostitución
Andrea, checa e diplomada en Turismo, tamén exerce a prostitución
Cartel da mostra, que se pode visitar até finais de mes en Santiago de Compostela
Cartel da mostra, que se pode visitar até finais de mes en Santiago de Compostela