Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
REDONDELA, 11, 12 E 13 DE SETEMBRO

Unha fin de semana galego-catalá en Redondela

A vila galega acollerá A Foliada, un festival de intercambio social e cultural entre Galiza e Catalunya cun intenso programa de actividades.

Foliada Redondela 2009 - 18:00 09/09/2009

A Foliada Redondela’09 é un festival de intercambio cultural entre Galiza e Catalunya que se vén celebrando desde o ano 2003. O principal obxectivo do encontro é o de mostrar, demostrar e mesturar elementos da cultura popular e acción social dos dous países. Cada ano se celebra alternativamente nunha vila galega e no barrio barcelonés de Nou Barris, onde nace a idea orixinal da Foliada. Este ano é a Vila dos Viadutos a encargada de albergar o Festival.



O día 11 de setembro, Redondela acollerá a chegada de case 200 cataláns que chegarán á vila para participaren activamente no evento. Músicos, artistas de circo, activistas da bicicleta, cociñeiros, malabaristas, fotógrafos, actores e demais artistas ocuparán as rúas da Vila para se mesturaren coa parte galega, non menos numerosa e diversa. A fin de semana do 11, 12 e 13 de setembro será para Redondela e Galiza un foco de creación e difusión cultural.



A Foliada Redondela’09 preséntase como un espazo para o intercambio, a reflexión e a acción. En cada edición, a vila organizadora aporta a súa propia visión do evento convertendo ao Festival nun auténtico proceso que vai madurando co paso dos anos. Nesta ocasión, os organizadores pretenden combinar a festa co intercambio e a reflexión sobre dúas temáticas que nos afectan no cotiá, como son os hábitos de consumo e a mobilidade. Neste sentido, varias das actividades propostas pivotan sobre estas temáticas.



Nos tres días do Festival hai planificadas actividades diversas para todas as idades e condicións. A partir do venres 11 pola tarde, o público poderá gozar do programa: desde obradoiros de xoguetes reciclados ata sesións jam de masaxes e aloumiños, pasando por concertos (Tres Trebóns, Herederos del Taxi ou Trasnos de Moscoso), xantares abertos a todo o público, roteiros, encontros de colectivos, ruadas de diables e correfocs, xogos populares, futbolín humano ou un serán mestizo. A Foliada Redondela’09 pretende ser unha xanela aberta á cultura popular e á reflexión social.



O Festival está organizado tanto por colectivos e individuos galegos como por cataláns que se veñen reunindo desde o mes de febreiro. A financiación da Foliada conta coa axuda económica da Generalitat de Catalunya e do Concello de Redondela e, nunha gran parte, froito da autoxestión.




Programación da Foliada Redondela 09



Venres 11 de Setembro



Ás 12 h. Acollida e presentación da Foliada 09. Animación de rúa a cargo dos Croquetas.



Ás 14 h. Xantar acollida amenizado polos Croquetas.



Ás 16 h. Actuación dos Veraneantes.



A partir das 17 h. Comezo dos obradoiros no campo da Feira.


- Fabricación de xabón a partir de aceite reciclado.


- Elaboración de pancartas reivindicativas.


- Reparación de bicicletas.


- Elaboración de cruces reinvindicativas.


- Elaboración de porterías para o futbolín humano.



Ás 18 h. Encontro sobre outras posibilidades de alimentarnos, producir e/ou consumir no Multiusos da Xunqueira.



Ás 19 h. Inauguración simbólica dunha parada de autobús na Praza da Constitución e a continuación intervención teatral dos Oprimidos.



A partir das 20 h. Animación de rúa a cargo dos Veraneantes



Ás 21 h. Cea



A partir das 22 h. Concertos no anexo do campo de fútbol do Choco:


- Tok (Redondela)


- Es molt Band (NB)


- Trasnos de Moscoso (GZ)


- Mas Kintos (NB)


- DJ



Sábado 12 de Setembro



9-11 h. Almorzo



Á partir das 10 h saída de autobuses para o Roteiro pola zona onde está proxectada a Autovía e encontro de mobilidade incluído dentro do roteiro.



A partir das 11 e durante toda a xornada no campo da Feira.



- Feira de produtos locais e/ou ecolóxicos.


- Feira de artesanía.


- Feira de entidades.



De 11 h a 14 h. Feira de troco no campo da Feira.



Ás 12 h. Encontro de colectivos de consumo alternativo no Multiusos da Xunqueira.



A partir das 12. Animación de rúa a cargo da Charanga do Metal.



Ás 14 h. Xantar popular



Á partir das 17 h.



- No campo da Feira:


- O xogo da Coca



- No paseo da Xunqueira xogos populares Galegos:


- O xogo da Billarda


- Peóns


- Arrebolamento de sacho



- Na alameda:


- Obradoiro de Circo Social


- Futbolín humano (ao lado do palco)


- Variado de xogos tradicionais galegos (corda, sacos, chave…)



A partir das 17:30 h.



- No campo da Feira.


- Obradoiro de fabricación de xoguetes.


- Obradoiro de reciclaxe.


- Obradoiro de fabricación de sombreiros. Tempo de xogos.


- Escalabirras.



- Na Casa do Mar.


- Pintada dun mural de mobilidade



Ás 19 h. Encontro de locais sociais no Multiusos da Xunqueira.



A partir das 20:30. Animación de rúa a cargo das gaiteiras da Lúa Meiga seguido de un obradoiro de baile tradicional galego.



A partir das 21 h. Serán mestizo acompañado de pincho nocturno.



As 23:30 h. Diables e correfocs



Xa de madrugada. Concertos no anexo do campo do fútbol do Choco:


- Herederos del taxi (NB)


- Os Tres Trebóns (GZ)


- DJ Can de Palleiro (NB)



Domingo 13 de Setembro



9 – 11 h. Almorzo



Ás 10 h. Visita a Illa de S. Simón e conferencias sobre a Rede Natura 2000.



As 12 h. Sesión de masaxes e taller de aloumiños (Pavillón Meendinho)



A partir das 14 h. Xantar despedida e avaliación.



Actividades permanentes



- Exposicións


- Taller de autorreparacion de bicicletas (Cafetería Guay)


- Hortas comunitarias de Can Masdeu + documental “Soja tour” (Multiúsos da Xunqueira)


- Exposición centro social Can Masdeu (Multiusos da Xunqueira)


- Retrospectiva de la foliada 2008 en Nou Barris (DiscoTasca)


- Obradoiro de personalización de camisetas (Campo da Feira)


- Fotomatón (Campo da Feira)


- Anxeles tal como somos (Multiusos)


- Feira de produtos locais e /ou ecolóxicos (Sábado todo o día)


- Feira de entidades (Sábado todo o día)


- Feira de artesanía (Sábado todo o día)


- Obradoiro audiovisual


- Proxección de audiovisuais e Fotomatón durante os concertos




4.73/5 (15 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: