Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ENSINO PÚBLICO

Educación suprime as prazas de profesorado especializado na integración de alumnos xitanos

O STEG denuncia que neste curso non vai haber docentes específicos que traballen nos programas de apoio aos nenos desta etnia.

Redacción - 17:45 03/09/2009

O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) fixo público este xoves un comunicado no que acusa á Consellaría de Educación de suprimir prazas de profesorado para a integración de alumnado de etnia xitana. Segundo sostén este sindicato, o ano pasado había 29 prazas de docentes que se desprazaban até diferentes centros para apoiar pedagoxicamente aos rapaces con máis problemas de aprendizaxe e integración.

Na nova convocatoria de prazas, a Xunta opta por asignar as prazas aos centros. Porén, dende o STEG afirma que este cambio vai rematar co servizo xa que explican que consultaron cos centros e que dende estes sinalan que o profesorado co que contan é preciso para o desenvolvemento das necesidades académicas ordinarias.

O STEG solicita que se recupere o modelo anterior onde os profesores estaban especializados en cumprir a función: “o seu cometido ía máis aló da atención ao alumnado ao traballar coas familias das nenos e nenos. Podemos dicir que, en liñas xerais, o programa funcionaba ben e cumpría os obxectivos cos que nacera”.


2,83/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: