Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Un traballo de Michel Gondry

O mellor videoclip da década está feito con pezas de “Lego”

A revista dixital Pitchfork publica unha listaxe cos 50 mellores videoclips desde o ano 2000.

Redacción - 12:05 01/09/2009

Achégase o fin da primeira década do século XXI e comeza a carreira por publicar as mellores listaxes do “mellor de”. A revista dixital Pitchfork, unha referencia no indie anglosaxón, leva a dianteira: despois de escoller as mellores 500 cancións da década, agora fai o mesmo cos 50 videoclips máis xeitosos.

A lista encabézaa “Fell in Love With a Girl”, de The White Stripes. O clip é obra de Michael Gondry, para algúns o mellor director da (breve) historia dos videoclips. Logo dos seus afamados traballos para Björk, Radiohead, Beck, The Chemichal Brothers e Daft Punk entre outros, en 2002 transformou a Jack e Meg White en pezas de Lego.

O segundo chanzo do podio ocúpao “Trapped in the Closet”, de R. Kelly. Dirixido por Jim Swaffield e Victor Mignatti, é un vídeo de estilo cinematográfico para acompañar unha dramática balada neosoul. E o terceiro lugar é para o “Porks & Beans” de Weezer, unha divertidísima orxía de videoxogos, misses e esperma dirixida por Matthew Cullen.

Nos 47 vídeos que completan a listaxe predominan os grupos anglosaxóns, con directores xa clásicos como Spike Jonze e Jonathan Glazer, e outros novos pero moi activos como Patrick Daughters e Dougal Wilson. Na escolma non faltan clips de Basement Jaxx, Radiohead, Fatboy Slim, Pulp, LCD Soundsystem, Cat Power, Kylie Minogue, Kanye West, Sigur Rós, Yeah Yeah Yeahs... Hainos como Björk, The Avalanches e Justice, que contan con dous clips cada un nesta listaxe canónica de Pitchfork.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



“Fell in Love With a Girl”, de The White Stripes

"Trapped in the Closet", de R. Kelly

“Porks & Beans”, de Weezer