Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
GUERRA AOS GRAFITIS

Contra as pintadas, grafólogos

A Federación de Veciños de Lugo pídelle ao Concello que contrate un experto para identificar os autores.

Redacción - 19:05 26/08/2009
Tags: Lugo pintadas

As asociacións veciñais de Lugo están cansas das pintadas que aparecen polos barrios da cidade. Para combatelas, propoñen unha arma peculiar: a grafoloxía. A guerra aos grafiteiros está inspirado, segundo explican, nunha localidade castelán que decidiu contratar un grafólogo para averiguar os autores das pintadas.

Xesús Vázquez, presidente da Federación Veciñal, asegura que en barrios como o da Piringalla “non hai un só garaxe que non estea grafitado”. Salientan que das pintadas tampouco se libran algúns inmóbeis históricos. Vázquez aclara que moitas pintadas teñen o mesmo tipo de letra.

Dende a federación xa adiantan castigos, como as sancións ou os traballos a prol da comunidade. Tamén piden que se delimite un espazo específico no municipio para que os grafiteiros poidan ter un lugar de expresión artística.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: