Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MÚSICA E VERÁN

O Felipop cumpre once anos

O Parque da Hortiña de Limodre (Fene) acolle este festival cun amplo cartel que conta cos Azeitonas portugeses ou os Zodiaks vascos.

Redacción - 14:15 07/08/2009
Tags: Felipop Fene

Xa van once veráns. O Felipop volverá a encher de música o Parque da Hortiña de Limodre en Fene achegando un xeito de entender os festivais de música xa consolidado: a importancia das melodías e a conexión entre músico e espectador.

Velaquí o cartel:

Venres 7 Agosto
ROGER DE FLOR (Limodre)
OS AZEITONAS (Porto)
MISS BLACK EMOTION (Castellón)
MAMÁ (Madrid)

Sábado 8 de Agosto
THE PUZZLES (Santander)
ZODIACS (Getxo)
J. TEIXI BAND (Madrid)
DOCTOR EXPLOSIÓN (Xixón)

Os abonos para o Felipop 2009 custan 20 euros, un prezo de amigo para poder gozar de dous días de boa música e dun gran ambiente.


Ligazóns

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: