Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DO REFERENDO

Caramelo remite á Xunta o Expediente de Regulación de Emprego

A empresa deu por finalizado o período de consultas e solicita á Consellaría de Traballo que tome agora unha decisión.

Redacción - 17:30 04/08/2009
O ERE continuará agora o seu curso, da man da Consellaría de Traballo

O ERE continuará agora o seu curso, da man da Consellaría de Traballo

Despois do resultado do referendo aos traballadores de Caramelo e malia a falta de apoio do Comité de Empresa, o grupo téxtil xa deu por finalizado o período de consultas e remitiu o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) á Xunta. Agora será a Consellaría de Traballo quen deba pronunciarse sobre o documento.

A dirección de Caramelo asegura que adoptou esta medida logo de que os traballadores se pronunciasen este luns a favor da proposta (235 empregados, dos 447 que conforman o cadro de persoal exerceron o seu dereito a voto e deles, 222 dixeron si á proposta, fronte aos 114 que optaron polo non). A solicitude vai acompañada da acta que recolle o resultado e que "avala o apoio á proposta presentada pola mediación na última xuntanza de negociación, celebrada o pasado 23 de xullo", di o texto.

Ademais, a empresa asegura que "preferiu agardar a que se solucionase o debate interno entre os traballadores", en alusión ás diverxencias xurdidas entre os membros do Comité, CIG e CCO, así como a plataforma que finalmente convocou o novo referendo.

Futuro
Se a Xunta de Galiza dá o visto bo ao ERE, os traballadores ten dereito a indemnizacións de 39 días por ano traballado cun límite de 34 mensualidades e un tope de 60 mil euros. Asemade, a empresa comprométese á readmitir o persoal despedido "nas mesmas condicións que o resto de traballadores" e a retirar "toda denuncia presentada contra os traballadores".

Serán 237 as persoas afectadas, e a compañía acepta que esa cantidade se cubra preferentemente por voluntarios, se ben o listado completarase para acadar esa cifra. Caramelo debe reiniciar a actividade da fábrica con normalidade e asumirá compromisos en canto á estabilidade futura dos traballadores, comprometéndose a manter o cadro de persoal durante un período de tempo determinado (agás baixas voluntarias).


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: