Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Feijoo volve ceder ante Rajoy"

E a Xunta que opina dunha posíbel absorción foránea das caixas galegas?

O BNG presenta unha proposición pedindo que se impugne o decreto que propicia esta situación, porque "invade competencias exclusivas"

Redacción - 18:00 21/07/2009

O BNG esixiu este martes que a Xunta se pronuncie sobre unha hipotética absorción das caixas de aforro do país por unha entidade foránea, no marco do Fondo de Reestruturación para o Sector Bancario (FROB), un decreto estatal que os nacionalistas queren impugnar por invadir poderes galegos.

Neste senso, o Bloque presentou unha proposición non de Lei onde lle solicita ao Executivo de Núñez Feijoo que impugne o fondo ante o Tribunal Constitucional. Ademais, pide unha interpelación parlamentaria para que o presidente explique a postura da Xunta na Cámara.

O portavoz nacionalista en materia económica, Fernando Blanco, criticou en conferencia de prensa que o FROB "invade competencias exclusivas" de Galiza, presentes no Estatuto de Autonomía, polo que lle exixiu á Xunta que actuase na súa defensa.

Blanco afirmou que a "práctica política deste Goberno non pode ser a inacción", e considerou que o decreto-lei podería supor que o noso país perdese "unhas institucións financeiras vitais para a posta en marcha de proxectos que melloren a nosa calidade de vida". Feijoo volveu de Madrid "sen diñeiro e sen honra -dixo-, supeditou os intereses de Galiza aos intereses do seu partido".

"Os aforros dos galegos, fóra"
O portavoz parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, incidiu ao igual que Blanco na perda de capacidade de Galiza para "financiar proxectos estratéxicos" que provocaría esta situación. Tamén, "a deslocalización financeira e a capacidade de apoiar os nosos sistemas produtivos" e que "os aforros dos galegos marchen para fóra".

Núñez Feijoo "ten que decidir se comparte a afirmación" do presidente do PP, Mariano Rajoy, que hai unha semana se mostrou contrario ao veto de posíbeis unións entre entidades financeiras de distintas autonomías. "A experiencia dítanos que, cando Mariano Rajoy dá unha orde, o señor Feijoo acode solícito a cumprila", dixo Aymerich.

Ademais, o portavoz nacionalista lamentou que "outra vez" PP e PSOE "coincidan en contra de Galiza", polo que pediu que as executivas galegas de ambos os dous partidos, a do PPdeG e a do PSdeG, "digan de que lado da barreira están".


4.55/5 (20 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: