Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ocupación estadounidense de Iraq

A Audiencia volve pechar o sumario de Xosé Couso

Revoca por segunda vez o procesamento contra os tres militares estadounidenses, acusados de provocar a morte do cámara galego.

Redacción - 18:00 14/07/2009
O auto xudicial entende que os militares puideron disparar ante a crenza de que había francotiradores no Hotel Palestina

O auto xudicial entende que os militares puideron disparar ante a crenza de que había francotiradores no Hotel Palestina

Logo de que no pasado maio, o xuíz decidise sentar outra vez no banco dos acusados aos tres militares estadounidenses acusados de provocar a morte de Xosé Couso, este martes os familiares do cámara galego volveron vivir un paso atrás no procedemento. A Audiencia Nacional revocou, por segunda vez, o procesamento contra o sarxento Thomas Gibson, o capital Philip Wolford e o tenente coronel Philip de Camp.

Unha volta atrás
A Sala Segunda xa pedira no pasado pechar este proceso, alegando que a morte do cámara se debera a un acto de guerra. En decembro, o Tribunal Supremo ordenou a súa reapertura, logo de aceptar un recurso da familia, e o xuíz da Audiencia Nacional, Santiago Pedraz, decidira retomar o caso, volvendo a procesar aos militares por homicidio.

Agora, o auto xudicial considera que as novas dilixencias practicadas nos últimos meses polo maxistrado instrutor, Santiago Pedraz, "non achegan ningún dato novo que permita continuar coa acción contra os militares", polo que ordena pechar o caso. En referencia ás novas declaracións tomadas aos acusados, explica que "ningunha delas ten o peso suficiente como para xustificar un procesamento dos militares". Así, conclúe que "non se pode negar a existencia de francotiradores no Hotel Palestina", en referencia á xustificación que para disparar deron os militares, e conclúe "que en consecuencia, hai elementos indiciarios o suficientemente relevantes como para non descartar que esa fora a crenza de quen efectuaron o disparo".

Finalmente, a Sección Segunda destaca que mesmo no caso de que quedara demostrado que non había francotiradores no hotel, "tendo en conta o clima hostil no que se desenvolveron os acontecementos, coa presumíbel tensión que iso xera en quen dispara, ben puido crear unha idea nos procesados, que aínda sendo incorrecta, fose a que desencadease a súa acción". Ademais, o auto reprocha a Pedraz as dúbidas emitidas respecto á investigación levada a cabo polo Mando Central Norteamericano: "Que lexitimidade ten o xuíz para censurar unha decisión deste organismo estranxeiro?" pregúntase.


Ligazóns

3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: