Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
COMARCA DE VIGO

Os promotores da moción Gondomar recoñecen que a súa prioridade é meter man na política urbanística

Concelleiros do PPdeG, PSdeG e Move Gondomar non ocultan que un dos motivos principais da iniciativa é retomar o PXOM suspendido pola Xunta.

Redacción - 15:00 04/07/2009

O vindeiro martes o nacionalista Antón Araúxo vai ser desaloxado da alcaldía de Gondomar. Dous anos despois de ser elixido rexedor, unha alianza de concelleiros conservadores e doutros edís que se presentaron baixo as siglas do PSdeG vai propiciar un cambio no goberno local.

Alfonso de Lis, até o de agora líder do PSdeG local, Manuel Núñez Sestelo, único representante de Move Gondomar (excisión no seu día da agrupación socialista) e o 'popular' Martín Urgal (candidato á alcaldía) compareceron conxuntamente diante dos medios este sábado. Os dous políticos non tiveron reparo en recoñecer que o seu obxectivo primordial é retomar o planeamento urbanístico do municipio.

Logo de negar unha suposta trama de corrupción vencellada ao urbanismo, afirmaron non ter “ningún medo” á hora de iniciar a redacción dun novo PXOM. De feito, O que se presupón futuro alcalde, Martín Urgal, aposta por revisar o plan de 2006, que está suspendido e que foi rexeitado pola anterior Xunta pola evidencia de numerosas irregularidades. A pesar de todo Urgal afirma que non se pode tirar con todo o proxecto anterior porque “xa hai un traballo de campo feito”.

Diante das sombras que planean enriba da moción, Núñez Sestelo, de Move Gondomar, optou por tirar a pelota propia enriba do alcalde nacionalista e subliñou que o BNG non quixo revisar o plan de 2006 porque, supostamente, beneficiaba á familia de Araúxo.

Guillerme Vázquez fala de “moción da vergonza”

O líder do BNG foi este sábado moi duro co que está a acontecer en Gondomar. Vázquez considera que é evidente que a moción só busca “poñer de novo a un grupo de persoas dedicacadas ás cuestións urbanísticas con resultados nos tribunais”. O voceiro nacionalista referiuse ao silencio do presidente da Xunta, Núñez Feijoo, cun expresivo “quen cala, outorga”.

Mentres, o PSdG, por medio do seu secretario de Organización, Pablo García, volveu mostrar o seu rexeitamento á moción e insistiu en que se se leva adiante expulsará os que a apoien concelleiros.


4.83/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: