Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
INTEGRANTE DE MUTENROHI

Xoán Carlos Fasero dirixirá o Agadic

O sector levaba dous meses denunciando a inactividade da axencia, dende o cesamento o 7 de maio do anterior director, Miguel Martín.

Redacción - 14:00 02/07/2009

O Consello da Xunta, na súa xuntanza deste xoves, nomeou ao músico Xoán Carlos Fasero novo director da Axencia Galega das Industrias Culturais. O sector levaba dous meses denunciando a inactividade do AGADIC, que non tiña director dende o cesamento o 7 de maio do anterior director, Miguel Martín. Fasero é un dos integrantes da banda de folk ourensá Mutenrohi, que fundou en 1994, e tamén foi un dos creadores en 1997 da discográfica Zouma Records, tamén en Ourense. Naqueles anos foi así mesmo un dos primeiros responsábeis da Aula de Música Folk e Instrumentos Tradicionais.

Con Mutenrohi publicou O mal tempo, Has bailar!, Cousas da lúa, Danze, Maio e E van Dez. Coa banda Lume publicou dous álbumes, titulados Grandes Éxitos e Folk Express, e en solitario Augas Mansas, Mar de mares e 3, o seu terceiro traballo, que publicou o pasado mes de maio. Ademais, produciu os discos Tolemia, Xilento e Misturados, de Cristina Pato. Foi nomeado catro veces pola Academia da Música como 'Mellor compositor en Galego', e recibiu tres premios 'Luar'. Forma parte da Xunta Directiva de AJE (Jovenes Empresarios de Ourense), é secretario de AGAPHONO (Asociación de Fonográficas Galegas) e vicepresidente de AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais).


2.2/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: