Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Visibilizando os case tres meses de conflito

Os operarios do Metal, cansos mais confiados, chegan este martes a Compostela

Os máis de dous mil traballadores do sector metalúrxico da provincia de Pontevedra que veñen camiñando a pé pola N-550, concentraranse por volta das 14h30 fronte ao edificio da Xunta, en San Caetano.

Redacción - 08:00 30/06/2009
'Metal camiña por dignidade' / Imaxes da marcha: CIG

'Metal camiña por dignidade' / Imaxes da marcha: CIG

Os máis de 2.000 traballadores do sector metalúrxico da provincia de Pontevedra culminarán este martes en Compostela a súa manifestación a pé dende a cidade do Lérez, que emprenderon o luns pola mañá, para protestar polos atrancos na negociación do convenio colectivo.

Após pasar a noite en Padrón (O Sar), Valga e Pontecesures (Caldas), en tres pavillóns diferentes, emprenderán este martes a marcha de novo, coa idea de chegar a San Caetano sobre as 14h30.

Os folguistas teñen previsto chegar a Compostela e, tras percorrer as principais rúas, dirixirse cara ás dependencias da Xunta, en San Caetano, para concentrarse ás portas do predio. Con esta iniciativa, os operarios reclamaranlle á Xunta que adopte unha postura máis activa na negociación para pór fin á folga, que xa chega ao seu día número 19, e conseguir un novo convenio colectivo para o sector. Precisamente este martes finaliza o prazo dado polo Goberno a patronal e representantes dos traballadores para que avalíen a proposta salarial exposta polos mediadores no conflito.

Os operarios de UXT chegarán en autobús
Pero a intención desta marcha a pé até Compostela, promovida pola CIG e aceptada por CCOO -UXT presentarase directamente na capital galega-, é tamén que o conflito do sector metalúrxico "transcenda o ámbito provincial", e se visibilice por todo o país.

Por outra banda, UXT, que non secundou a convocatoria, estará tamén presente na capital galega. O sindicato está pechando a contratación de entre dous e tres autobuses -que transportarían a entre 100 e 150 persoas-, para participar, cos seus compañeiros doutros sindicatos, na concentración que se desenvolverá ante as instalacións da Xunta
Así, aos traballadores que realizan o camiño, uniranse en Compostela máis persoas nos seus automóbiles particulares, e os que acudan en autobuses.

Unha empresa de habilitación naval de Vigo baralla rescindir un cento de contratos de obra se continúa a folga do metal
A empresa de habilitación naval, encargada da división interior dos barcos¡, Gonsusa, de Vigo, informou os seus traballadores de que baralla a posibilidade de rescindir un cento de contratos, os correspondentes ao persoal que está traballando nun barco no estaleiro Barreras, se o conflito do metal na provincia de Pontevedra non se soluciona en poucos días.

Segundo explicou o presidente do Comité de Empresa, Jorge Posada, a actividade da compañía réxese polo convenio de madeira e construción, pero denunciou que, dende que comezou a folga do metal, "non se deixa traballar a ningunha empresa" dentro dos estaleiros, aínda que, como no seu caso, estean nun convenio diferente. O representante dos traballadores destacou que, hai uns 20 días, un cento empregados de Gonsusa comezaron a traballar, cun contrato de obra, nun barco de pasaxe no estaleiro Barreras. Con todo, a consecuencia dos días de paro no sector do metal nos que non se puido desenvolver a actividade, actualmente a empresa atópase "valorando" a posibilidade de "parar" eses contratos se a folga continúa. En total, en Gonsusa traballan unhas 200 persoas, polo que os que traballan en Barreiras supoñen a metade do persoal. Respecto da posibilidade de que perdan o emprego se continúa a folga, Posada incidiu en que a decisión "non foi tomada" aínda pola empresa, que se atopa valorando a situación. En todo caso, destacou que hai máis firmas auxiliares que traballan para estaleiros na mesma situación.


3,67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: