Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTUDO

As caixas propoñen fixar a idade de xubilación nos 70 anos

Para garantir o sistema de pensións, a Fundación de Caixas de Aforros (Funcas) tamén propón que se aumente o tempo mínimo de cotización a 20 anos.

Redacción - 12:45 29/06/2009

O único xeito de garantir o actual sistema de pensións é aumentar a idade de xubilación. Para Funcas, a receita é clara hai que cotizar máis e retirarse máis tarde. As caixas consideran que é preciso ir aumentando progresivamente a idade de xubilación até fixala finalmente en 70 anos. A isto, sumaríase a esixencia de ter 20 anos cotizados para poder cobrar (na actualidade o mínimo son 15).

O estudo de Funcas subliña que as características da sociedade mudaron notabelmente nas últimas tres décadas. Así, lembra que en 1975 a esperanza media de vida no Estado Español era de 73 anos, mentres que agora é de 82


4.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: