Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TENSIÓN

Os estaleiros aseguran que hai perigo de “creba en cadea” por mor da folga do metal

Comisións Obreiras rompe a unidade sindical, mentres CIG e UXT manteñen o paro.

Redacción - 20:25 24/06/2009
Tags:


O duro pulso que libran os sindicatos e a patronal do metal acaba de ter esta tarde un novo episodio. Representantes da maior parte dos estaleiros da comarca de Vigo convocaron unha conferencia de prensa urxente na que aseguraron que o sector pode sufrir unha “creba en cadea” se os traballadores non volven aos seus postos de traballo de inmediato.

Directivos de Barreras, Metal Ships, Vulcano, Cíes, Freire, Cardama e Armada fixeron un chamamento ás partes implicadas no conflito laboral porque, segundo dixeron, está en xogo o sector. O colapso, segundo as empresas, pode supór a perda de oito mil postos de traballo e penalización de máis de mil millóns de euros ás empresas por non entregar os traballos no seu tempo.

Os empresarios subliñan que hai máis de trinta barcos pendentes de entrega e temen que os armadores opten por reclamar a devolución de garantías e deixen os encargos nas gradas.

Mentres a unidade sindical xa non é tal, Comisións Obreiras afirma estar disposta a que os traballadores volvan aos seus postos. A CIG e máis a UXT mantéñense firmes na convocatoria dos paros. Porén, o último sindicato está disposto a estudar a proposta de convenio que fai a Xunta como intermediaria. A organización nacionalista xa adiantou que non van negociar ese documento.


3.5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: