Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Censura dos ecoloxistas

Adega considera a teima con Touriñán "un insulto á cidadanía"

O colectivo cualifica de "fraude de lei" a piscifactoría de Mira en espazo protexido e critica a visión "apoiada en mentiras e medias verdades" que, aseguran, trasladan empresa e Xunta.

Redacción - 19:35 22/06/2009

"Segundo informacións aparecidas na prensa galega, esta macroinstalación de acuicultura industrial [en Mira] preséntase como un proxecto milagre, capaz por si só de achegar felicidade prosperidade a vilas deprimidas e terceiromundistas", láianse desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega). Para os ecoloxistas, a inaguración este día 22 da macropiscifactoría de Mira, perto de Coimbra, p"uxo de manifesto a enorme influencia que determinadas empresas privadas exercen sobre as administracións e os medios de comunicación". "Esta enorme campaña informativa é parcial e carece de rigor ao presentar unha única visión da problemática das macropiscifactorias apoiada en mentiras e medias verdades", censuran desde Adega.

A asociación quéixase de que á conselleira do Mar, Rosa Quintana, "faltoulle tempo para poñerse ás ordes de Fernández de Sousa [presidente do grupo empresarial Pescanova] e repetir dilixente que recupera o proxecto de Touriñán". "É lamentábel volver comprobar como grandes compañías que unicamente se moven por avaricia xogan coa opinión pública e condicionan as decisións dos gobernos", reprochan. De paso, denuncian que aos mesmos políticos que avalan a piscifactoría de Touriñán "éncheselles a boca falando do desenvolvemento sustentábel sen saber apenas o que significa e contradicindo inmediatamente as súas palabras coas súas obras" e ironizan coa mención que o PP fai no seu programa electoral de "acadar o desenvolvemento sustentábel para Galiza".

Por outro lado, recordan que a piscifactoría que Pescanova construíu na localidade portuguesa de Mira, asenta en terreos protexidos da Rede Natura 2000. Dese xeito, a Unión Europea pode "perfectamente ordenar o derrubo das instalacións en virtude da existencia desta fraude de lei", advirten. Ao fío, lembran que a asociación ecoloxista Quercus interpuxo varias demandas xudiciais e denuncias perante as instancias europeas "que poden prosperar". "Á señora conselleira no lle debería caber ningunha dúbida de que Adega fará o propio con Touriñán en Galiza", avanzan.


4,75/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: