Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'QUEDAMOS NESA PRAZA'

Som do Galpóm xa ten videoclip

Foi realizado por Verve Audiovisual e emprega unha técnica de 'dobre stop motion'.

Redacción - 11:45 06/06/2009



A música galega vai madurando e caendo na conta de que no presente é imprescindíbel, cando se edita un disco, acompañalo dun videoclip. Así o entenderon tamén os integrantes de Som do Galpóm, que presentan agora o vídeo da canción Quedamos nesa praza, incluído no seu LP Em terra de ninguém.

En palabras do cantante da banda, Gael Bassave, "foi unha experiencia que nos achegou ao mundo da música profesional". Pola súa banda, os responsábeis do clip, o equipo de Verve Audiovisual, salientan a dificultade da técnica empregada, unha 'dobre stop motion', un traballo de creación de movemento a partir de fotos estáticas. Para Verve Audiovisual, "Internet demanda que os grupos teñan os seus propios videoclips, así que teñen que ir espertando".


4,44/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: