Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Terra Eo-Navia

Edición xestionada pola Asociación Abertal
RSS de Terra Eo-Navia
ECOLOXÍA

Un novo parque eólico no concello de Allande nuha área arqueolóxica.

A Serra del Carondio ameazada por medio centenar de molíos.

Eo-Navia - 16:56 01/06/2009
Tags:

A comarca del Eo-Navia estase caracterizando por ser uha terra chía de parques eólicos, que xa produciron problemas políticos anteriormente como foi a perda da alcaldía de Santalla de Ozcos polo PSOE e el enfrontamento coel alcalde de Vilanova de Ozcos, partidario dos parques eólicos.
Agora el Principado autoriza un parque eólico nada máis e nada menos que no Carondio, no concello de Allande, nuha área de importante interese arqueolóxico, unde existen abundancia de mámoas, un dolmen como a Llastra da Filadoira, carreiros vellos como A Carreirega dos Gallegos, brañas e todo un entorno paisaxístico asta con sofreiras e fauna endémica, que nunca se conservou a pesar de aparecer no PORNA como proxecto de espacio protexido xunto al Valledor.
Tamén vemos que el alcalde de Allande, Mesa Pieiga, manifesta que coel que se gane coel parque poerá uha casa de cultura e un centro de vellos na capitalidade del concello. É dicir que os cuartos de los 51 molíos del parque non van ir nin siquera prá zona da Serra senón para usalos na capitalidade, el caciquismo e el oportunismo de sempre.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: