Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
nova web do estudio

Casa de Tolos celebra con agasallo de directos o décimo aniversario

Coidadas pezas audiovisuais con Roi Casal, Lamatumbá ou Magín Blanco, entre outros, no novo espazo na rede do estudio de Segundo Grandío.

Redacción - 12:30 30/05/2009

"Estás convidado maifrén, estás convidado meu ben", velaí un dos retrousos, neste caso de Lamatumbá, que poden escoitar no espazo web de Casa de Tolos. Os festeiros ourensáns, creadores do máis coñecido himno do licor café, protagonizan unha das peneiras de pezas audiovisuais coas que agasalla o estudio pilotado polo músico e produtor Segundo Grandío.

Con amplo despregue de cámaras e gorentosa calidade, a web fornece dunha ampla galería de traballos a pé de estudio e fóra del, do equipo da Casa de Tolos. Aló poden ver xa vídeos diversos de Pancho Álvarez, de Roi Casal, de Magín Blanco, Magín e Burgas Beat, das Tanxedoras, de Mitocondrias, e Carlos Childe Troupe. Todas gravacións en rigoroso directo expostas agora no universo multimedia.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Luís Tosar gravando peza en Casa de Tolos
Luís Tosar gravando peza en Casa de Tolos
Uxía Senlle no estudio de Segundo Grandío
Uxía Senlle no estudio de Segundo Grandío