Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Microblogs

Yahoo crea Meme, un Twitter en portugués

O servizo, aínda en fase de proba mediante convite, engade características doutros servizos, como Tumblr.

Redacción - 13:30 31/05/2009

Yahoo está a probar o seu propio clon de Twitter. O servizo, denominado Meme, só está dispoñíbel solicitando expresamente convites e ten a peculiaridade de que está exclusivamente en lingua portuguesa.

Nunha análise publicada no blog ReadWriteWeb, saliéntase que Yahoo Meme volve aos inicios do microblog, con mensaxes ou ligazóns de 140 caracteres e, a diferenza de Twitter, a posibilidade de subir imaxes. Tamén incorpora a posibilidade de comentar as entradas de persoas ás que non se segue e de "repostar" mensaxes. As súas características convérteno nunha especie de mestura de Twitter e Tumblr.

O produto aínda está en fase beta e non ten data oficial de lanzamento. Tampouco hai unha explicación de por que a multinacional escolleu o portugués para experimentar o novo servizo, aínda que podería ter que ver o feito de que a comunidade internauta brasileira é moi activa nas redes sociais ou a que Twitter só está en inglés e en xaponés.


3,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: