Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Vilagarcía de Arousa

Critican o "escurantismo" da autoridade portuaria ante os vertidos na Ría de Arousa

A Plataforma en Defensa da Ría exixiu a "paralización inmediata" da actividade contaminante e que os sedimentos sexan tratados en terra coma residuos tóxicos.

Redacción / EP - 09:00 18/05/2009
A Ría de Arousa / Flickr: elmirror

A Ría de Arousa / Flickr: elmirror

A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa reiterou este domingo a súa denuncia por vertidos de lodos na entrada da ría, onde a Autoridade Portuaria de Vilagarcía está realizando unha operación de limpeza dos sedimentos.

O colectivo ecoloxista censurou a "ausencia de informes públicos" sobre as analíticas dos sedimentos, así como de informes ambientais sobre os efectos que poden causar todos os refugallos resultado desta actividade, que cifrou en "máis dun millón e medio de metros cúbicos. Neste sentido, os responsábeis da Platafoma destacaron as repercusións ambientais "tan grandes" que pode tener unha obra coma esta para a "biodiversidade" e "riqueza produtiva" da zona, así como as "relevantes repercusións socioeconómicas para milleiros de familias". Por isto, volveron exixir a paralización "inmediata" dos vertidos e o seu tratamento en terra "coma residuos tóxicos".

Nesta liña, tamén criticaron o responsábel de Medio Ambiente do Goberno, Agustín Hernández, que, segundo din, autorizou o vertido de milleiros de toneladas de lodos no porto de Vilagarcía de Arousa, contradicindo as medidas do anterior conselleiro e actual líder dos socialistas galegos, Manuel Vázquez, quen autorizara este vertido no porto de Vigo.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: