Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DÍA DO EMPRENDEDOR

Innovar para facer da crise unha oportunidade

O vindeiro 19 de maio celébranse en Compostela unhas xornadas que pretenden axudar a "localizar e consolidar novas oportunidades de negocio" no contexto de afundimento económico actual.

Redacción - 12:00 12/05/2009
Logo do Día do Emprendedor

Logo do Día do Emprendedor

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e BIC Galicia organizarán o vindeiro martes día 19 de maio o Día do Emprendedor, unha xornada que terá como escenario o Pazo de Congresos compostelán. Este congreso é organizado de xeito conxunto co Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. O seu principal obxectivo é postular a iniciativa emprendedora como "motor de desenvolvemento económico", procurando contribuír con ela á xeración de innovación e creación de emprego.

Nesta edición daráselle especial importancia á colaboración entre emprendedores, institucións e empresas, que dende a organización da xornada consideran "especialmente importante en momentos de crise como os actuais". Así, ofrecerase aos asistentes información, coñecementos e asesoramento individualizado sobre a posta en marcha e consolidación de novas iniciativas empresariais. Ademais, fomentarase a interrelación entre os participantes, así como o contacto entre estes e diferentes axentes adicados á promoción económica.

Destacados relatores
Nas xornadas intervirán destacados relatores adicados a diferentes eidos como as oportunidades de negocio, a innovación, o financiamento e internacionalización, ou os novos mercados. Este é o caso de Antonella Broglia, que traballa dende hai dous anos co produto Update, ideado dende o portal Infonomía. Broglia fará unha exposición de casos de emprendedores que están vendo a crise como unha oportunidade e lanzando novas ideas de produtos e servizos.

Outros oradores son Pedro Moneoz, fundador e director xeral da rede internacional de innovación Opinno; Carlos Barrabés, creador do portal barrabes.com; ou Eduardo García Erquiaga, director da Escola de Negocios Caixanova.


2.5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: