Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
EN GALEGO! PÁSAO

Máis de 4.500 mozas e mozos participaron no Correlingua de Compostela

Dos institutos das comarcas que rodean a cidade chegaron moreas de autobuses cheos de nenos e nenas para participar nesta xornada lúdico-educativa.

P.G.M. - 17:30 07/05/2009
En Galego! Pásao (clic para ampliar)

En Galego! Pásao (clic para ampliar)

Compostela encheuse este xoves de mozos, mozas, nenas e nenos que se xuntaron para reivindicar no medio dun ambiente xovial e usando como medio a festa rachada o seu dereito a medrar en galego. Máis de 4.500 mozos e mozas chegados de concellos pertencentes ás comarcas colindantes participaron no Correlingua´09, xornada que tivo carreiras, concertos, humor e, sobre todo, moita troula baixo o lema En Galego! Pásao.

A carreira tivo saída e chegada na Alameda, pasando no medio por algunhas rúas da zona vella da cidade. Esta parte máis deportiva compartiu espazo cunha marcha durante a que os cativos pasearon pola capital do país a vontade de medrar na súa lingua. O desfile amenizárono os cabezudos de Fantoche Baj e tamén os propios participantes. O premio á animación recibiuno o I.E.S. Arzúa por segundo ano consecutivo.

De volta na Alameda foi o momento da música e o humor. Os membros do grupo Chévere arrincaron as risadas a cativos e maiores que pasaron polo lugar, co seu espectáculo O galego contra-ataca. A música correu a cargo dos gañadores do Apologhit do Correlingua, os coruñeses de Chámalle Xis. Despois continuou a mistura de chimpos, saloucos, berros e sorrisos até que, xa co bandullo cheo, os autobuses volveron ateigarse para levar de volta á casa os lombos nos que descansa o futuro da nosa lingua.

Esta foi só a cuarta parada do Correlingua 09 que continuará o venres na Ribeira Sacra e en Monterrei. Por diante quedan aínda outras 10 oportunidades para durmir tranquilos e orgullosos do firmeza coa que as suaves mans destas nenas e estes nenos sosteñen o porvir do galego.


4,78/5 (18 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Formaron unha incontrolábel masa multicolor
Formaron unha incontrolábel masa multicolor
Os cativos divertironse moito (clic para ampliar)
Os cativos divertironse moito (clic para ampliar)
E suaron correndo uns detrás dos outros
E suaron correndo uns detrás dos outros
Pasearon pola cidade os seus lemas (clic para ampliar)
Pasearon pola cidade os seus lemas (clic para ampliar)
E axudaron a facer a festa (Na imaxe o I.E.S. Arzúa, gañador do premio á animación. Clic para ampliar)
E axudaron a facer a festa (Na imaxe o I.E.S. Arzúa, gañador do premio á animación. Clic para ampliar)