Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Pacto de silencio"

A orella de Van Gogh "cortouna Gauguin"

Iso asegura unha nova teoría, non aceptada porén por algúns expertos, que sostén que o neerlandés confesou tela amputado el mesmo por protexer o seu amigo.

Redacción - 11:15 05/05/2009

Por todos é coñecido que o pintor Vincent Van Gogh, atormentado por unha doenza mental e logo de se romper a relación de amizade que mantiñan el e o seu colega Paul Gauguin, cortou unha orella. Concretamente, parte da esquerda, na noite do 23 de Nadal de 1888, dous anos antes de se suicidar.

Mais precisamente a amizade que unía os dous xenios da pintura, levou o neerlandés a ocultar a que foi, segundo un novo estudo (A Orella de Van Gogh: Paul Gauguin e o Pacto de Silencio, de Hans Kaufmann e Rita Wildegans), a verdadeira realidade. Isto é, que a súa aurícula resultou lesionada durante unha liorta co parisiense.

Os autores, dous historiadores da arte alemáns, afirman que este suceso non saíu á luz porque os dous selaron un "pacto de silencio" -Gauguin para evitar ser procesado e Van Gogh nunha fútil tentativa de manter viva a relación.

Controversia
Porén, os dous expertos non presentan ningunha proba de peso para xustificar a hipótese, mais fan referencia ás últimas palabras escritas de Van Gogh: "Ti calas, eu tamén o farei", á correspondencia co seu irmán onde, din, insinúa o que sucedeu sen romper o suposto pacto de silencio, e a outros datos.

De feito, outros estudosos da vida e obra do neerlandés, incluídos os do Museo Van Gogh de Amsterdam, desbotaron a investigación de Kaufmann e Wildegans da que Gauguin non sae moi ben parado.


4.56/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



'Autorretrato con vendaxe na orella' (Van Gogh, 1889)
'Autorretrato con vendaxe na orella' (Van Gogh, 1889)
'Autorretrato con Cristo Amarelo' (Gauguin, 1889)
'Autorretrato con Cristo Amarelo' (Gauguin, 1889)