O filólogo e crítico balear criticou a situación de marxinación na que viven algunhas linguas, e denunciou o Plan Bolonia.
O pasado, o presente e o futuro da educación centraron a primeira xornada da XXVI Semana Galega de Filosofía. O presidente da Aula Castelao, Carlos Calviño, chamou a atención sobre as pulsións ás que sucumbe o actual sistema educativo: políticas, económicas, que o converten nunha ferramenta de adestramento para a inserción laboral "erixir a economía en finalidade prioritaria dos sistemas educativos, mutila a potencialidade de desenrolo, supostamente adquirida e garantida mediante as nosas institucións".
Logo da apertura institucional, tomou a palabra o catedrático de grego da Universidade Complutense de Mardid, Carlos García Gual, coa disertación 'Educación e cultura [paideia] na Grecia Clásica'. García Gual denunciou a situación de marxinación na que viven algunhas linguas no ensino; así mesmo, foi moi crítico coa "mercalización" actual da formación. O filólogo afirmou que os estudantes universitarios "teñen moita razón ao se opoñer ao Plan Bolonia" aínda que considera que non non van ter éxtico nas súas protestas.
O profesor Narciso de Gabriel abriu a sesión da tarde co relatorio 'A evolución do sistema educativo en Galiza'. No remate desta primeira sesión, interveu o antopólogo Manuel Delgado, que afirmou que o multiculturalismo "serve para describir unha orde cultural de dimensións mundiais sen eixo nin estrutura, pura desterritorialización".
Delgado considera que "a isto corresponderían asemade figuras dun cosmopolitismo desancorado ou a vindicación da natureza composta das nacións, como se a vella identificación territorio-cultura fora substituida pola de territorio-pluralidade, na que a homoxeneidade esixible na poboación a controlar xa non se obtivera por medio dunha cosmovisión compartida, senón a través dunha imprecisa pero estrita ecumene baseada nos valores da civilidade e da cidadanía". Cada vez son máis os gobernos que reclaman para o territorio que administran as virtudes da mestizaxe e se presentan como exemplo de convivencia, convertendo así, segundo Delgado, a diversidade cultural nunha fonte de lexitimación ideolóxica, que amosa como horizontes unhas relacións sociais, en realidade, verticais.
A xornada do martes
Para a segunda xornada do encontro están previstos os relatorios da profesora Julia Varela ('Educación ilustrada: identidade social e novas formas de subxectivación'), Goretti Sanmartín ('A lingua') e Carlos Fernández Liria ('Cidadanía e Educación. O proxecto político dun Estado de Dereito').