 
 
O Colexio de Enxeñeiros de Montes aproveitou o Día da Árbore para suxerir unha taxa sobre os hidrocarburos que financie un fondo forestal.
"Os montes son unha infraestrutura básica de país que non está abondo valorada social e politicamente, de da que tamén depende a cantidade e calidade da auga", expoñen desde o Colexio de Enxeñeiros de Montes, desde onde comparan o investimento en materia de auga co realizado estritamente no ámbito forestal, cualificando de "escaso" este último.   
  
  Ao fío, propoñen os enxeñeiros que se introduza o que bautizan como "céntimo forestal", unha cantidade que sairía das taxas dos combustíbeis destinada ao financiamento dun Fondo Forestal que "compense e fomente a xestión forestal sustentábel e a aumente a superficie forestal" no conxunto do Estado.   
  
  Por outro lado, critican que as administracións non aproveiten a actual conxuntura de crise para espremer as posibilidades que en materia de xeración de emprego e dinamización de áreas rurais ofrecen os bosques. "O investimento forestal en produción de servizos medioambientais (biodiversidade, paisaxes, lecer, protección ante a erosión, calidade de augas e mitigación da mudanza climática) xera xacementos de emprego rural que nestes momentos adquiren unha enorme importancia", destacan.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto