Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NOVA EDICIÓN DO CONCURSO

Galiza cunilingüe! Volve Ferve a Rede

O martes podedes comezar a enviar os vosos microrrelatos eróticos. Os premios: 3 noites en Bruxas e unha fin de semana romántica en Amarante (Portugal).

Redacción - 09:45 07/03/2009

O martes 10 de marzo activarase a web da edición 2009 de Ferve a Rede e poderedes comezar a enviar os vosos relatos. Non muda a dinámica e o obxectivo do concurso, mais si os premios. Se no 2008 ofrecíase unha viaxe a Venecia, este ano o destino é Bruxas, en Flandres, Bélxica, outra romántica cidade, coñecida como a Venecia do Norte, pola cantidade e beleza dos canais que atravesan a cidade. O premio é unha viaxe e estadía de tres noites no Hotel Pand (de catro estrelas), onde a parella gozará do 'paquete romántico' que ofrece o lugar, que inclúe almorzo, champagne, unha cea romántica e un paseo en barco polos canais.

O segundo premio, que o pasado ano era unha fin de semana nunha casa rural próxima á parroquia de Sexo, en Agolada, nesta ocasión lévanos á romántica vila de Amarante, no norte de Portugal, nas ribeiras do río Támega. En concreto á Casa da Calçada, tamén no seu 'paquete romántico' que inclúe pequeno almorzo, cea e 'tratamento VIP'.

As bases do concurso son as mesmas que as do pasado ano. Para enviar un relato ou para votar por eles, hai que estar rexistrado en Vieiros, e cada usuario pode enviar un máximo de tres textos. Para darlle un pouco máis de espazo á vosa imaxinación, aumentamos de 550 a 690 o número máximo de caracteres dos relatos. O gañador ou gañadora será elixido, de novo, por un xurado, que decidirá quen merece levar o premio principal, e que se reunirá a partir do 24 de abril, último día no que se admitirán relatos. O segundo premio sortearase de novo entre todos os participantes.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: