Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
O caso de Redondela

máis de telefonía mobil e o principio de cautela

Colectivos de afectados, veciñais e ecoloxistas, xúntanse en Redondela contra o regulamento municipal das antenas de telefonía mobil que non ten en conta o principio de precaución

Asociación pola Defensa da Ría (APDR) - 18:14 27/02/2009
Tags:

O derradeiro martes 24 de febreiro tivo lugar unha xuntanza na Asociación de Veciños de Chapela, con diferentes colectivos de distintos puntos do termo  municipal de Redondela; representantes do campo veciñal, ecoloxista e de colectivos e plataformas de afectados.

Tras repasar a actualmente caótica situación de inseguridade, creada pola proliferación de antenas base de telefonía móbil no conxunto de Redondela e a roposta do grupo de goberno municipal de crear un Regulamento propio neste ámbito; conclúese:
- Os límites das normativas estatais que regulan esta exposición ás ondas electromagnéticas provenientes das antenas de telefonía móbil NON CONTAN COAS GARANTÍAS SUFICIENTES PARA PROTEXER A SAÚDE DA POBOACIÓN, segundo a resolución do PARLAMENTO EUROPEO do 4 de setembro de 2008 (1); xa que "non teñen en conta a evolución das tecnoloxías da información e a comunicación, as recomendacións da AXENCIA EUROPEA DE MEDIO AMBIENTE ou as normas de emisión máis esixentes adoptadas, por exemplo, por Bélxica, Italia ou Austria, e non abordan a cuestión dos grupos vulnerables" (nenos, maiores, xestantes, ...).
- Este baleiro legal, ata que se reforme a normativa estatal en base aos consellos anteriormente mencionados, súmase a ausencia de normativa municipal suficiente (dende as súas competencias na ordenación paisaxística, urbana e de saúde) que nos protexa en Redondela, ao igual que na maioría dos municipios galegos.
- O único borrador do proxecto de "Normativa reguladora da instalación e funcionamento de infraestruturas radioeléctricas no concello de Redondela", ao que temos acceso:

  • É ILEGAL: non contempla á aplicación do Decreto autonómico 133/2008 polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, aplicable ás antenas de telefoníamóbil segundo o Valedor do Pobo (2)

    NON SÓ ESTÁ LONXE DE ORDENAR ESTE CAOS SE NON QUE O POTENCIA, someténdose aos intereses económicos das operadoras, chegando a instalar antenas no mobiliario urbano da cidade sen ningunha limitación por proximidade a zonas habitadas (e sen ningún recoñecemento ás zonas sensíbeis).
    - Os representantes dos colectivos presentes apostamos, ao igual que a Axencia Europea de Medio Ambiente e a Resolución do Parlamento Europeo mencionada, polo
    Principio de Precaución; que no caso de Redondela pasaría por un imprescindible debate na poboación e a negociación municipal con todos os axentes sociais
    implicados nunha "verdadeira" ordenanza protectora que conxugue novas tecnoloxía e saúde (como se está a facer en outros lugares garantindo a cobertura)
    - O vindeiro Luns 9 de marzo terá lugar un acto informativo sobre antenas de telefonía móbil e saúde no Centro Multiusos de Chapela.
     
  • ACCESO ONLINE AOS ANEXOS REFERIDOS:
    1.- Resolución do Parlamento Europeo, de 4 de setembro de 2008:
    http://www.apdr.info/electrocontaminacion/Documentos/Investigacion/Resoluci%C3%B3n_%20Parlamento_%20Europeo_(Bioinitiative).pdf
    2.- Expediente C.6Q/920/2008 do Valedor do Pobo:
    http://www.apdr.info/electrocontaminacion/MORANA/Valedor_do_Pobo_ao_Concello_de_Morana.GAL.pdf


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: