Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EDUCACIÓN

A Xunta atende os reitores e inxecta 20 millóns ao financiamento universitario

Destinaranse á adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior e a impulsar a innovación e o desenvolvemento.

Redacción - 18:15 19/02/2009

Tres meses despois de que os reitores das tres universidades galegas reclamasen da Xunta un esforzo adicional para superar o plan económico vixente até 2010, o goberno galego tomou a decisión. O Consello autorizou este xoves un acordo que aproba o reparto de cantidades adicionais para o ano 2009 por un valor de 20.780.794 euros. Insistían entón os reitores en que a Administración é a principal vía de financiamento da universidade, ademais dos ingresos polos servizos ofertados, é que sería imposíbel manter os avances en desenvolvemento e investigación sen un orzamento estrutural que os sustente. Así, aseguraban que os 11 millóns de euros que Pérez Touriño comprometera incorporar nas contas deste 2009, tal e como anunciara no inicio do curso universitario, eran insuficientes.

Distribución dos cartos
En resposta, o goberno galego sumou estes 20 millóns que, segundo o presidenet da Xunta, serán repartidos con criterios obxectivos. 9,4 millóns destinaranse a compensar a redución de fondos que terían que asumir as universidades en aplicación do plan vixente, asinado co anterior executivo (xa que este documento vencella os orzamentos universitarios coa evolución dos ingresos non financeiros da comunidade, unha cifra que en 2009 caerá un 2%).

Asemade adicaranse outros oito millóns á adaptación ao Espazo Europeo de Ensino Superior (EEES); case un millón e medio distribuirase entre as tres universidades de acordo aos obxectivos do programa de Promoción e intensificación da función investigadora; e os outros dous millóns repartiranse para o Programa de servizos de apoio a I+D. Finalmente, Pérez Touriño subliñou que nesta lexislatura medrou un 40% o financiamento universitario e un 89% o gasto por alumno.


Ligazóns

1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: