Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sector leiteiro

O contrato homologado non será requisito en 2009 para percibir os pagamentos adicionais

O goberno español suspéndeo de xeito "temporal", aínda que non exclúe volvelo incluír en campañas vindeiras.

Redacción - 19:05 30/01/2009

O goberno español decidiu que para a solicitude de axudas de 2009 non sexa requisito para a percepción do pagamento adicional no sector lácteo ter subscrito un contrato homologado para a subministración de leite de vaca.

Segundo explicou o Ministerio do Medio Rural, con esta decisión, non só se asegura que todos os gandeiros perciban os seus pagamentos, senón que tamén se disipan todos os obstáculos que algunha organización esgrimira para non sentar nas Comisións de Seguimento do contrato.

A suspensión "temporal" responde a unha xuntanza o pasado 23 de decembro entre o departamento que dirixe Elena Espinosa e os directores xerais das comunidades autónomas, onde o ministerio adquiriu o compromiso de revisar este asunto.

Ademais, noutra reunión coas comunidades autónomas, o 20 de xaneiro, presentáronse as modificacións a incluír no Real Decreto sobre a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría para o ano 2009.

Escaso tempo de difusión
Na adopción desta decisión, tívose en conta que o escaso tempo transcorrido dende a homologación do contrato foi insuficiente para a axeitada difusión entre o sector produtor da existencia e o valor do contrato.

Unha prematura vinculación do contrato á percepción do pagamento adicional, podería traer como consecuencia a exclusión da devandita axuda dun número significativo de produtores, que por causas alleas á súa vontade se verían privados dun importante apoio, recoñecen dende o ministerio.

Porén, dende o goberno español apúntase que a decisión adoptada para 2009 non exclúe que para as campañas vindeiras se valore a idoneidade de volver incluír esta condición como necesaria para a percepción dos pagamentos adicionais.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: