Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A QUE CONCERTO VAS IR?

Ementa musical para esta primavera

Wilco ou Bruce Springsteen pasarán por Compostela en xuño e agosto,  pero antes podemos achegarnos a Porto para ver a PJ Harvey ou Kaiser Chiefs.

Redacción - 10:25 31/01/2009

O primeiro semestre do ano preséntase gorentoso en concertos. Os amantes da música teñen citas importantes con bandas punteiras da escena internacional, como Wilco, que estarán en Santiago o 1 de xuño, ou Bruce Springsteen, que o 2 de agoso encherá o Monte do Gozo. Cómpre salientar as actuacións que ciclos como Sinsal (Evangelista, Jeremy Jay, Konono nº1 ou Françoiz Breut), Vangardas Sonoras (The Wave Pictures, Sr. Chinarro...) ou Sons da Diversidade (Orchestra Baobab ou Miguel Poveda) levarán polas principais cidades galegas.

Hai que mirar ao sur do Miño, a Porto ou a Braga, por onde pasarán Kaiser Chiefs (31 de xaneiro), PJ Harvey (2 de maio), Antony and the Johnsons (18 de maio) e Despeche Mode (18 de xullo). Citas obrigadas son tamén os festivais, como os de Paredes de Coura ou o Festival do Norte, aínda sen bandas confirmadas, e concertos como os de Tindersticks (febreiro en Compostela), We are Standard (febreiro en Vigo e Pontevedra), Maga, Half Foot Outside e Francisco Nixon (en marzo), ou os de Castpeople presentando o seu novo álbum.

Xaneiro

31. Orchestra Baobab. Auditorio de Galicia. Santiago
31. Kaiser Chiefs. Coliseu. Porto

Febreiro

1. Evangelista. Marco. Vigo
5. Steve Wynn. Sala Mondo. Vigo
6. Standard. Sala Karma. Pontevedra
7. Standard. Sala Mondo. Vigo
11. Tindersticks. Sala Capitol. Santiago
17. Josh Rouse. Teatro Salesianos. Vigo
18. Bart Davenport. Sala Capitol. Santiago
19. Bart Davenport. La Casa de Arriba. Vigo
22. Jeremy Jay. Salon Teatro. Santiago
26. El puchero del hortelano. La Fábrica de Chocolate. Vigo
28. El puchero del hortelano. Sala 600. Melide

Marzo
6. Xabel Vegas. A Reserva. Carballo
6. Sr. Chinarro. Fundación Caixa Galicia. Ferrol
6. Mao Morta. Teatro Sa da Bandeira. Porto
8. Xabel Vegas. Aturuxo. Bueu
12. Catpeople. Sala Capitol. Santiago
13. Catpeople. Sala Karma. Pontevedra
19. Francisco Nixon. Playa Club. A Coruña
19. Half Foot Outside + Jugoplastika. Sala Karma. Pontevedra
20. Half Foot Outside + Jugoplastika. Sala Mondo. Pontevedra
20. Francisco Nixon. La Fábrica de Chocolate. Vigo
21. Francisco Nixon . Cafe&Pop Torgal. Ourense
21. Half Foot Outside + Jugoplastika. Playa Club. A Coruña
27. Maga. Sala Mondo. Vigo
30. Françoiz Breut. Forum Metropolitano. A Coruña

Abril
5. Nashville Pussy. Sala A. Vigo
18. The Wave Pictures. Fundación Caixa Galicia. A Coruña.

Maio
1-2. Festival do Norte. Recinto Feiral. Vilagarcía de Arousa
2. PJ Harvey. Casa da Música. Porto
8. Aaron Thomas. Teatro Principal. Santiago
18. Antony and the Johnsons. Coliseu. Porto
23. Catpeople. Sala Mondo. Vigo
23. Damien Jurado. Café Moderno. Pontevedra
25. Cristina Rosenvinge. Sala Mondo. Vigo
30. Miguel Poveda. Santiago de Compostela
30. Wilco. Braga

Xuño
1. Wilco. Pazo de Congresos. Santiago
14. Anne Clark. Auditorio de Galicia. Santiago
20. Konono nº1. CUVI. Vigo

Xullo
11. Despeche Mode. Coliseu. Porto
30. Festival de Paredes de Coura.

Agosto
2. Bruce Springsteen. Monte do Gozo. Santiago


4,56/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Wilco, 'I'm the man who loves you'

Bruce Springsteen, 'The River'

PJ Harvey, 'This is love'