Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS DANOS COLATERAIS

Os provedores de Citroën, incapaces de resistir a crise

As fábricas ourensáns Eurostyle Automovile e Mecanizados Rodríguez Fernández están inmersos en Expedientes de Regulación de Emprego.

Redacción - 11:15 27/01/2009

Eurostyle Automovile é provedor internacional da automoción e está especializado no desenvolvemento e produción de sistemas, módulos e compoñentes plásticos para interiores e exteriores de turismos, furgonetas e camións. Mentres, Mecanizados Rodríguez Fernández encárgase da fabricación de elementos para carrocerías, como accesorios, remolques ou isotermos. Ambas as dúas empresas están inmersas en Expedientes de Regulación de Emprego (ERE) que, no caso da primeira afecta a 145 traballadores e no caso da segunda a outros 40. É unha mostra de como a crise que vive a factoría de Citroën e, máis amplamente, o sector do automóbil, afecta non só á comarca de Vigo, senón tamén a zonas máis distantes como é Ourense.

Outros 500 despidos en Portugal
A planta creada por Citroën na vila portugesa de Mangualde, a onde se deriva o excedente de produción galego, é outra das afectadas polos axustes da empresa. A baixada da produción tivo como consecuencia a baixa doutros 500 traballadores, dun cadro de persoal que estaba formado por 1.400. A meirande parte destes empregados son eventuais que non verán renovado o seu contrato. Mentres, a fábrica suspenderá a súa actividade dende esta semana até o 9 de febreiro e entre o 2 e o 6 de marzo.

Así recollían esta noticia algúns xornais portugueses:


4.17/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: