Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
INSCRICIÓN ATÉ O 15 DE XANEIRO

Nova proposta excursionista do Centro Galego

A primeira excursión do ano será polo Montseny o vindeiro sábado.

Dolores Dopazo - 19:30 12/01/2009

O Centro Galego de Barcelona continúa organizando actividades novas coa finalidade de facer participar máis ós seus socios e socias na vida do Centro e tamén coa idea de achegarse e abrise a outro público que poida ter interese e curiosidade pola cultura galega.

Así naceu a idea de organizar camiñadas polos arredores de Barcelona e a vindeira será o 17 de xaneiro de 2009 polo Montseny. O que diferenza estas camiñadas de calquera outra que poidan organizar outras entidades ou centros excursionistas é que nestas la lingua de comunicación é o galego e polo tanto todas as indicacións e explicacións que reciben os participantes sobre os puntos de interese, cuestións culturais ou vilas polas que pasan son en lingua galega. É unha maneira diferente de poder practicar e usar o noso idioma fóra dun contexto academicista, ademais de facer exercicio e estar en contacto coa natureza.

Camiñada polo Montseny - Infomación xeral

Data: 17 de xaneiro de 2009
Organiza: Dolores Dopazo
Guía: Xosé Carlos Conde
Lonxitude: 12 km.
Horario: de 9.30 a 16 h.
Saída: estación de San Andreu Arenal ás 8.00h. Alí colleremos o tren ata El Figaró onde iniciaremos a camiñata. Á volta colleremos o tren en San Martí de Centelles-Aiguafreda
Nivel de dificultade: media. Atoparemos desniveis de subida duns 730m durante 5 km e baixada duns 680m durante uns 7 km.
Ritmo: medio

Inscrición: Ata o 15 de xaneiro no Centro Galego (Telf. 933012892. Imprescindible deixar un teléfono de contacto e/ou correo electrónico)

Todos os que esteades interesados en participar nesta actividade debedes de seguir os seguintes requisitos imprescindibles:
- Almorzar ben na casa: só se fará 1 parada para comer de e aqueloutras que o guía considere necesario para informarnos sobre puntos de interese.
- Traer botas de montaña ou calzado cómodo e illante.
- Roupa cómoda e lixeira e gorro para a cabeza.
- Botella de auga, froita, bocadillo e algúns froitos secos.
- Mochila pouco pesada.
- Se o tedes, bastón de camiñar.
- Se a mañá está nubrada recoméndase unha capelina ou chuvasqueiro lixeiro por se chovese.
- Máxima puntualidade.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Excursión por El Papiol, vista da canteira de arxila e de Montserrat (decembro de 2008)
Excursión por El Papiol, vista da canteira de arxila e de Montserrat (decembro de 2008)
Excursión por El Papiol, vista da canteira de arxila (decembro de 2008)
Excursión por El Papiol, vista da canteira de arxila (decembro de 2008)