Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irimia

Xestionado pola Asociación Irimia
RSS de Irimia
O NOSO TABOLEIRO

Deixounos Agustín Bueno

Agustín era coñecido, -como non- en Irimia, pois era irimego xa antes de nacer a Asociación. Xunto coa súa compañeira Carmela Capeáns desenvolveron un labor nunca abondo agradecido no seu seo. Porén, aínda que nunca buscaron notoriedade ningunha, ambos os dous son coñecidos fóra tanto polo seu papel na Coordenadora de Crentes Galegos como polo seu labor veciñal no barrio do Castiñeiriño en Santiago ou o seu activismo pacifista, no movemento de obxectores de conciencia, en concreto, da obxección fiscal.

Facendo honra ó seu nome ata o final, Agustín regalou o seu corpo á Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, polo que non haberá enterro. Porén, habémonos xuntar para celebrar a súa vida hoxe, xoves 8 de xaneiro, ás 6 da tarde, na igrexa parroquial do Castiñeiriño.

Desde aquí enviamos unha aperta e un bico á súa dona, Carmela e ós seus fillos.

- 13:02 06/01/2009


4,67/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: