Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MÁIS DE TRES MIL CONDUTORES AFECTADOS

Os consumidores demandarán a Audasa polo colapso da AP-9

Ausbanc exixe á concesionaria unha indemnización de preto de 600 euros por cada usuario que quedou atrapado polos efectos do temporal do 2 de decembro.

Redacción - 19:00 23/12/2008

"Era evitábel e foi o resultado da neglixencia da concesionaria por non actuar conforme as previsións". Así de claro o ten a Asociación de Usuarios de Servizos Bancarios (Ausbanc), quen xa anunciou que exixirá a Audasa o pago dunha indemnización de preto de 600 euros a máis dos tres mil condutores que quedaron atrapados na Autoestrada do Atlántico.

Ademais, o presidente dos consumidores, Xesús Garriga, tamén lamenta que "se cobrase o servizo como se a vía estivera en plena operatividade". Por todo, a entidade presentará unha demanda colectiva por parte de todos os usuarios que se viron atrapados na autoestrada entre as sete e as 11 da mañá. Alegan que é unha obriga de Audasa "manter as vías en óptimas condicións para o tráfico rodado, estabelecer plans ante as inclemencias do tempo en inverno e auxiliar aos condutores logo de cobrarlle a correspondente peaxe".

Falta de previsión
Garrido dirixiu as culpas exclusivamente cara a empresa concesionaria que non soubo prever a situación cando "Galiza se atopaba en alerta por neve e xeo". Ademais, actuou de "xeito neglixente, como quedou patente na falta de comunicacións entre a empresa e as autoridades da Administración, xa que non se puxo en marcha ningún protocolo de actuación".

Doutra banda, recorda que Ausbanc xa conseguiu unha sentenza favorábel pola "actuación neglixente da concesionaria Europistas (na Autoestrada de Burgos – Armiñón) durante o temporal de febreiro de 2004.


Ligazóns

5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: