Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A gala, o venres vindeiro en Ourense

O actor arxentino Eduardo Blanco e o galego Morris, 'Chano Piñeiro 2008'

Os galardóns honoríficos deste ano, 25 anos despois de 'Mamansunción', serán para Jorge Coscia e Fernando Luis Iglesias Sánchez, 'Tacholas'.

Redacción - 11:35 13/12/2008

A Secretaría Xeral de Comunicación desvelou este venres que os actores Antonio Durán, Morris, e Eduardo Blanco, arxentino de orixe galega, serán os premiados co galardón Chano Piñeiro, que outorga a Xunta.

O presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, presidirá a gala, que terá lugar o venres vindeiro no Teatro Principal de Ourense, e que consistirá nun acto audiovisual onde o cinema e a música "se entrelazarán para recuperar a relación do cinema galego e o arxentino".

Ademais, outorgaranse dous premios honoríficos a Jorge Coscia e Fernando Luis Iglesias Sánchez, Tacholas. Os premios Chano Piñeiro pretenden render tributo novamente ao cineasta de Forcarei, no ano en que a súa curtametraxe de maior percorrido, Mamasunción, cumpre 25 anos.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: