Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O 18% do volume estatal

Intercambio comercial Galiza-Portugal: 3.600 millóns de euros no que vai de ano

Empresarios das dúas beiras do Miño comparten inquedanzas e estratexias en Lisboa, no V Encontro Empresarial Luso Galaico.

Redacción / EP - 09:00 10/12/2008

"Procuramos que exista un primeiro contacto o máis produtivo posíbel entre empresas portuguesas e galegas e que logo se traduza en contactos comerciais máis concretos", explica Xosé Manuel García Orois, xerente da Cámara e Comercio de Vigo. "Para que as empresas sobrevivan debemos mellorar a rendibilidade e a eficacia e iso pasa tamén por intentar aumentar as exportacións", sinalou, salientando que o encontro de Lisboa é un primeiro paso para logralo.

O V Encontro Empresarial Luso Galaico que este martes comezou en Lisboa pretende ser un instrumento ao servizo deses desafíos. Da importancia da cita dan exemplo datos como os do intercambio comercial. No medio da actual crise, no que vai de ano Galiza xa vendeu a Portugal produtos por valor de 2.000 millóns de euros e mercou por valor de 1.600 millóns. No contexto actual, isto supón o 18% dos 20.000 millóns de intercambio entre o Estado Español e Portugal.

Na opinión de García Orois, dada proximidade xeográfica e cultural "ten todo o sentido que as empresas galegas busquen o mercado portugués", sobre todo ante a situación de crise actual. "Ten "máis importancia e máis sentido ca nunca", subliña o responsábel da Cámara de Comercio de Vigo, que organiza este acto en conxunto coa da Coruña. "Aquí, o que procuramos é que exista un primeiro contacto o máis produtivo posíbel entre empresas portuguesas e galegas e que logo se traduza en contactos comerciais máis concretos", debulla.


4.83/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: