Ademais dos patinadores do país, até as travesas chegarán representantes de Portugal e tamén doutros lugares do estado español.
A patinaxe adoita deixar imaxes tan fermosas coma esta
Este sábado celebrarase na pista central do pavillón das Travesas a terceira edición do terceiro Torneo Cidade de Vigo de patinaxe artístico. A competición comezará ás 10.00 e durará todo o día, rematando ás 22.00 coa entrega dos trofeos. O torneo está dividido en dúas categorías, como son show e libre individual.
Na categoría de show participarán patinadores galegos, portugueses e tamén de outras partes do estado, mentres que a de libre individual fica reservada figuras representativas da patinaxe galega como membros da selección ou campións galegos.
O torneo está organizado pola sección de patinaxe artístico do Coruxo Fútbol Club, ca colaboración do Concello de Vigo, a Dirección Xeral para o Deporte, a Deputación de Pontevedra e o Instituto Municipal dos Deportes.