De Moaña, de Vigo w¡e de Compostela, os patinadores e patinadoras de Galiza van demostrar o que valen nunha xuntanza dos mellores clubes do Estado.
Seis clubes galegos de patinaxe, moitos deles da cidade de Vigo, han participar esta sexta feira 14 de marzo e o sábado 15 no VII Campionato de España de Grupos-Show.
De Compostela vai o AD Fontiñas (campión galego desta modalidade); de Vigo o Club Valladares, o CP Alquimia, o Club CARPA e o Coruxo FC; e de Moaña viaxan até Alcoi varios patinadores e patinadoras do CP Ánfora.
Aínda que non é un deporte moi estendido en Galiza, hai grandes patinadores de base nos clubes, cousa que se demostra nas ocasións, coma esta, na que os equipos viaxan para enfrontarse aos mellores de todo o Estado.