Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Axenda de actividades dos locais sociais

"Hai 80 anos que nos chamamos nacionalistas"

Os Centros Sociais de preparan actividades para conmemorar o 90 aniversario da Asemblea Nazonalista de Lugo. Tamén na axenda, concertos solidarios e recitais de poesía.

Redacción - 10:00 22/11/2008
No Pichel, en Compostela, celebrarán o 90 aniversario da Asemblea Nazonalista

No Pichel, en Compostela, celebrarán o 90 aniversario da Asemblea Nazonalista

Este sábado os Centros Sociais do país vólvense encher de actividades. Se a fin de semana pasada o protagonista foi o Magosto, esta toca conmemorar o 90 aniversario da Asemblea Nazonalista de Lugo. O CS Mádia Leva! De Lugo celebrou este aniversario o pasado martes no Hotel Méndez Núñez da cidade.

Mais este sábado no CS O Pichel, de Compostela, vanlle render unha nova homenaxe a aqueles galegos e galegas que se nomearon, por primeira vez, nacionalistas, cunha festa que comezará o sábado cunha cea (12 euros para non socios, e 10 para socios) na que intervirá o profesor Bernardo Penabade. Posteriormente Mini e Mero, membros d'A Quenlla, tocarán en directo.

"O fascismo combátese na rúa"
Este é o lema escollido pola Asemblea Antifascista da Coruña, que organiza este sábado un concerto en solidariedade co seareiro Rubém Meixide, que está pendente de xuízo, segundo contan, por "defenderse dun ataque fascista". Ás 20:30 horas comezará o concerto solidario no Local Social Ocupado das Atochas. A entrada custa 3 euros, e nel actuarán o cantautor punk Bitxo Bola, o grupo Arenga e os Ultraqans. Ao terminar o concerto tamén teñen preparada unha festa no CS Gomes Gaioso, onde continuará a troula, a partir das 23:30 horas, amenizada por unha foliada popular.

Contra a violencia de xénero
O colectivo Redes Escarlata xuntarase, tamén o sábado, por volta das 22:00 horas no CS A Revolta, en Vigo, convidado ao recital que organiza Adiante, para denunciar a violencia de xénero. No recital participarán outros convidados, e actuará o cantautor punk O Leo i Arremecághona.

O mesmo sábado, por volta das 22:30 horas estarán, ao vivo, no CS A Esmorga de Ourense os membros da Atípica Protobanda, grupo da cidade. A entrada custa 3 euros para socios e socias, e 4 para os non asociados.


Ligazóns

4.25/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: