Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTRA A CRISE

A Xunta inxectará dous mil millóns de euros nas empresas en 2009

Tanto o presidente do ICO como Pérez Touriño rexeitaron a creación dun organismo de crédito galego.

Redacción - 19:00 19/11/2008

Créditos (1.200 millóns), avais (500 millóns), subvencións (130 millóns) e operacións de capital de risco (120 millóns). A estes fins destinará o goberno galego un total de dous mil millóns de euros, co obxecto de apoiar ao sector empresarial. Así o desvelou o presidente da Xunta, quen adiantou que deste xeito se promoverán inversións por un valor superior aos 3.100 millóns de euros, o que servirá para que "ningún proxecto viábel quede sen financiamento".

En canto ao xa feito, Touriño informou de que no presente ano se mobilizaron un total de 570 millóns para apoiar proxectos de inversión. Neste sentido, asegurou que "a Xunta ten unha posición proactiva de apoio empresarial e de activación da economía" e cualificou o período de goberno bipartito como a mudanza dun "modelo discrecional de subvencións" por outro de "acompañamento a empresas e de captación de recursos de organismos" como o Instituto de Crédito Oficial (ICO) ou o Banco Europeo de Investimentos (BEI).

A voltas co ICO
Estas declaracións enmarcáronse nas xornadas "Medidas de apoio financeiro ás empresas galegas", nas que tamén tomou parte o presidente do ICO. Aurelio Martínez rexeitou a creación dun organismo de crédito galego xa que, ao seu xuízo o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) "xa cumpre esta función". Asegurou que a "coordinación coas tres experiencias rexionais que existen (Cataluña, Andalucía e Comunidade Valenciana) non é boa" e apostou por "sumar esforzos".

Pola súa parte, o presidente da Xunta rexeitou novamente a existencia deste organismo que defendeu Anxo Quintana asegurando que "Galiza conta con todos os instrumentos que necesita" para saír da crise.


Ligazóns

5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: